E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Festa do Nadal

luns, 17 de decembro de 2012







Queridas familias:

Como xa sabedes, o próximo venres 21 de decembro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Nadal organizada pola ANPA.

Como en outras ocasións, a entrada para os socios é gratuíta, recordade que para poder vir e disfrutar de todo o que temos organizado, é necesario presentar na porta de entrada o carné de socio deste curso 2012-13. Cada neno NON-socio que queira entrar deberá abonar 2 euros. Se alguén perdeu o seu carné pode solicitar un novo no local da ANPA ao longo desta semana.

Contaremos entre outras cousas coa visita dun “Carteiro Real” que se encargará de recoller as cartas escritas polos nosos nenos. Tamén haberá obradoiros de postais do Nadal, maquillaxe cunha monitora especializada, e de pintura para os máis pequenos e para os maiores carreiras de sacos e outros xogos. Todos os nenos participarán na elaboración dun gran mural onde se pintará un motivo do Nadal feito coas súas mans.

Como novidade a destacar, dicir que este ano os pais acompañarán aos nenos ata a porta do pavillón pero non poderán estar na pista, se non na zona das bancadas, onde poderán degustar un delicioso "Café do Nadal" acompañado dalgún doce. O motivo de facelo así non é outra que a correcta organización do evento e sobre todo, a seguridade dos nenos, os cales estarán a cargo de numerosos monitores. Lembrade que está prohibido acceder á pista con alimentos e calzado non deportivo.

Outra novidade é que este ano se realizará por primeira vez un CONCURSO DE POSTAIS. Os que queiran participar han de depositalas na caixa que se poñerá na entrada de secretaría antes do día 19 de decembro. Recordar que o tamaño ha de ser tipo cuartilla (A5), a técnica é libre e se ha de indicar nun lugar visible o nome do neno e o curso ao que pertence (moi importante). Cada neno só poderá presentar unha única postal. O día da festa entregarase un premio por curso aos gañadores.

Unha vez máis pedimos que os pais se involucren neste tipo de eventos e que colaboren achegando ideas ou na realización destas. Sobre todo e dado que non temos ningunha achega externa necesitamos xente que poida axudarnos na elaboración do doce que acompañe ao café, algo sinxelo: un biscoito, galletas, madalenas... Todo que estea disposto en achegar o seu grao de area, que o comunique ao ANPA.

Para finalizar, vendo como vos volcastes coa recollida de tapóns (GRACIAS!), temos novas propostas solidarias para este ano como "Operación Quilo". Queremos empezar neste Nadal porque é época de solidariedade, pero nembargantes a campaña durará todo o ano. Todo aquel que queira colaborar pode traer un quilo (ou máis) de alimentos non perecedoiros (legumes, pasta, aceite, etc). Habilitaranse unhas caixas ao lado da dos tapóns solidarios. Para calquera duda, consultade con nos. Máis información en http://www.balrial.com. Tamén ides encontrar outro contenedor destinado á recollida de cartuchos de impresión valeiros e móbiles vellos (sen cargador) para axudar a Lola (máis info en http://elcaramelodelola.webnode.es). Por outrro lado vamos a colaborar con Cáritas que este ano necesitan roupa de nenos (non de adulto). E xa para rematar, a partir de xaneiro colaboraremos coa ONG "Miradas al mundo" xuntando xoguetes de segunda man e que estén en bo estado. De esto último recibiredes máis información a volta das vacacións.


Por último desexarvos a todos un feliz Nadal e un próspero ano novo 2013.

ANPA Agarimo

I Concurso da Postal do Nadal - Festa do Nadal

luns, 10 de decembro de 2012




Ola a todos!

Xa non nos queda nada para Nadal, na penas 15 días estaremos gozando das primeiras vacacións deste curso. Pero antes queremos que volo pasedes en grande na Festa de Nadal organizada pola ANPA, onde haberá moitas sorpresas e que se celebrará o día 21 pola tarde.

Novamente pedimos a colaboración de todos os pais, ben achegando ideas ou ben, activamente, no desenvolvemento destas. Como todos os anos nos gustaría poder ofrecer café aos pais, acompañado con algunha vianda, como podería ser algún biscoito, galleta, etc. Como non temos ningún tipo de colaboración externa, gustaríanos poder contar convosco na súa elaboración. Se estades interesados en participar podédesvos apuntar no local do ANPA, no seu horario habitual, ou ben por teléfono ou email.

Este ano, como novidade, temos o
I Concurso da Postal Do Nadal para os nosos fillos. Para concursar deberedes traer a postal o día da festa e depositala na entrada nunhas caixas que se habilitarán para iso. Recordade que a postal deberá ser do tamaño de medio folio (A5). Podedes facela en cartolina de cores ou en papel e virá co nome completo e o curso pola parte de atrás. As que non cumpran estas normas non poderán concursar. Ao final da festa entregaranse os premios, haberá un por curso. Animaros e participar!!!!

Dende a Anpa tamén queremos desexarvos a todos unhas felices festas.


Anpa Agarimo

II Concurso escolar de postais de Nadal

mércores, 14 de novembro de 2012


A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, no marco do Programa Educativo Municipal “Coruña Educa” informa do II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL que se organiza para o alumnado de todas as etapas educativas dos centros docentes da cidade con motivo das vindeiras festas de Nadal. 

As bases do concurso xa se enviaron aos centros docentes tanto públicos como privados que impartan as ensinanzas de Infantil e Primaria. O tema do concurso será a felicitación de Nadal e Ano Novo e establécense dúas categorías:

  1. Para os escolares de Educación Infantil e 1o e 2o curso de Primaria. 
  2. Para os escolares de 3o, 4o, 5o e 6o curso de Primaria. 

Haberá dous premios, un por categoría que consistirán en material didáctico e libros de lectura. Unha das postais premiadas será a felicitación oficial de Nadal do Concello. A outra será o cartel oficial das festas. Os premios entregaranse nun acto público no Concello nunha data a determinar que será comunicada coa suficiente antelación.

Non obstante todas as postais participantes serán expostas na entrada do Concello, no lugar onde se situe o Belén. 

As postais remitiranse a 
II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL 
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude 
Casa Paredes. Avda. da Marina, 18-2o andar 
15001 A Coruña

O prazo de presentación das postais está xa aberto e finaliza o venres 23 de Novembro. 

Dende a nosa ANPA animámosvos a participar. Moita sorte.

Semana da Ciencia, xornadas de portas abertas

martes, 13 de novembro de 2012


Os museos científicos coruñeses (mc2) e o Concello da Coruña teñen decidido que esta sexa 12ª semana da ciencia. Dende o día de onte ata o 18 de novembro poderemos gozar de diferentes actividades científicas distribuídas por toda a cidade.

A Concellaría de Cultura informa que a Semana da Ciencia iniciase nos Museos Científicos Coruñeses con sete días de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. Do 12 ao 18 de novembro a entrada será gratuíta en todos eles, días en que os visitantes poderán visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.

Ademais, durante esta Semana programáronse actividades especiais, como un curso de astronomía, novas exposicións fotográficas ou a estrea dunha sala na Domus que funcionará como Laboratorio Aberto para grupos escolares.

O colofón da Semana da Ciencia corresponderá á celebración do 25 aniversario dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, coa entrega o sábado 24 dos Prismas de Bronce aos galardoados nesta XXV edición.

Sabemos que todos estades a desexar participar nalgunha destas actividades, así que consultade os horarios e alí nos vemos.

Actividades extraescolares - Multideporte

xoves, 8 de novembro de 2012


Debido a que non se conseguiu formar grupos cun número mínimo de nenos, suspéndense as actividades de multideporte (baloncesto, atletismo...).

Os pais que apuntasen os seus fillos a estas actividades poden pasar polo local do ANPA no horario habitual (os luns de 5 a 6) para que se lles reintegre o diñeiro aboado previamente. Deberán traer o xustificante de pagamento (papel amarelo).

Desculpade as molestias.

Modificación do menú do 1º trimestre

mércores, 7 de novembro de 2012


Debido a unha serie de protestas por parte dos pais que habitualmente fan uso do servizo de comedor, a empresa que presta o devandito servizo, Jardanay, decidiu facer unha serie de modificacións ao menú do trimestre actual. 

Podedes descargar o menú actualizado picando AQUÍ

Por outro lado recordámosvos que para calquera problema relacionado co comedor podedes poñervos en contacto con eles nos seguintes teléfonos: 

Rosa: 672 288 130 
Antía: 662 955 731 (para cuestións administrativas) 

ou ben a través do seu correo electrónico comedor@jardanay.es

Samaín ou Halloween

mércores, 31 de outubro de 2012

Samaín sen dúbida!!

O Samaín é unha festividade de orixe celta que se foi popularizando tamén en América Latina e que ten orixes moi antigas. Hai 3000 anos nos pobos celtas de Europa, en España: Galicia, e algunhas zonas de Asturias, (máis ben relacionado co mito da Güestia), Irlanda e en distintas zonas de Gran Bretaña os habitantes deses lugares esperaban o Novo Ano que para eles se iniciaba co tempo do cambio de estación, da colleita e os misterios entre a vida e a morte.

Os celtas crían que nesa noite a ventá que separaba o mundo dos vivos e o dos mortos desaparecía e que a véspera de Samain - que así chamaban a esa data- as almas dos mortos regresaban a visitar fogares terreais.

Para manter a estes espíritos contentos e afastar os malos dos seus fogares os celtas deixaban comida ou doces fóra dos seus fogares, unha tradición que se converteu no que hoxe fan os nenos indo de casa na casa pedindo doces.

Despois disto veu o cristianimos que consideraban que os celtas adoraban o demo, aínda que o demo nunca existiu na relixión céltica. Naquela época determinouse que o xeito de converter os celtas ao cristianismo era adoptando o festival dos celtas e convertelo nun cristián. Así o primeiro de Samain se converteu no día de Todos los Santos de onde deriva o nome de Halloween en inglés.

A LENDA DA CABAZA


Hai moito tempo, nunha pequena vila irlandesa había un monxe chamado Jack que se cría moi astuto, tanto que ata fixo un pacto co demo. O pacto consistía en que o demo non o deixaría ir ao inferno se Jack facía o mal na terra. E así foi. Pero Jack era mortal, e como a todos os mortais lle chegou a súa hora. No ceo non o deixaron entrar e claro, no inferno o demo cumpriu a súa parte e non o deixou pasar, pero deu a Jack unha peculiar lanterna en compensación por todo o malo causado. Esta lanterna consistía nun nabo oco cun carbor que estaría incandescente por sempre. E desde entón cóntase que Jack vaga polo mundo coa lanterna en busca dun lugar onde descansar.

Máis material sobre o Samaín, AQUí (como convidado)

CONFAPA-GALICIA secunda á folga convocada polo Sindicato de Estudantes para convertila nunha actuación conxunta do alumnado e as familias

mércores, 17 de outubro de 2012


Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.
Iniciamos un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias, ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.
Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, mais queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias movilizarémonos conxuntamente porque:
·         Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
·         Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
·         Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
·       Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
·         Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA AQUÍ CHEGAMOS e esiximos:
• O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo
• A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
• A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público
• A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.

FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que facilitedes a posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a celebrar na mañán do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.
CONFAPA-GALICIA

Días non lectivos 2012/13

mércores, 10 de outubro de 2012


Serán períodos non lectivos:

Vacacións:
  • Nadal: do 22 de decembro ata o 7 de xaneiro ambos  os dous inclusive.
  • Entroido: 11,12 e 13 de febreiro.
  • Semana Santa: do 23 de marzo ata o 1 de abril ambos os dous inclusive.


Consideránse non lectivos a efectos académicos:
  • 2 de novembro do 2012 ( día do Ensino)
  • 15 de outubro do 2012 e 20 de maio de 2013 ( aprobados polo Consello Escolar)

Menú do comedor - 1º trimestre

luns, 1 de outubro de 2012



Como xa comentamos, a partir de setembro publicaremos trimestralmente os menús diarios do comedor do colexio. 
Podes descargalo picando AQUÍ

(para máis información descarga o seguinte documento)

Benvidos!!

venres, 7 de setembro de 2012

Comeza un novo Curso Escolar 2012-2013 e dende o ANPA Agarimo querémosvos dar a benvida a todos.

Recordámosvos que a semana próxima empezan as clases paulatinamente, o día 12 para os alumnos de primaria, o día 13 para os alumnos de 2º e 3º de Infantil e o día 14 para os máis pequenos. Son días importantes. Volvemos ver os compañeiros e amigos que non vimos en todo o verán, novos mestres ... e sobre todo volvemos coas pilas ben cargadas despois deste período de descanso. Desexámosvos a todos un bo comezo.

Nesta páxina web do ANPA intentaremos publicar toda a información actualizada de todo o referente ao colexio e ao ámbito educativo.


Benvidos de novo!!

I Concurso de Repostaría

sábado, 23 de xuño de 2012

E chegou o día da festa Fin de Curso. Os nenos esperaban nerviosos un pouco antes da hora oficial de apertura, desexando que a festa empezase xa.

E abríronse as portas e entre tantos nenos, mamás, papás, avós, avoas....chegaron as mestras reposteiras, coas súas sobremesas. Grazas a elas púidose celebrar o I Concurso de Repostaría.

Ningunha nos contou o segredo da súa receita pero todos estaban saborosos. O xurado deu fe diso e a parte de ter a responsabilidade de ter que escoller entre os 15 presentados, "o máis saboroso", "o máis elaborado" e "o máis orixinal", puido saborear un tras outro, todas as viandas presentadas. Un luxazo de sobremesas que logo puideron degustar maiores e nenos.

Moitos parabéns ás gañadoras:

  • Premio "o máis elaborado": Sonia Rey coa súa "Sorpresa"
  • Premio "o máis orixinal": María García co seu "Fantasmas de chocolate"
  • Premio "o máis saboroso": Mónica Wilkin coa súa "Pasta Flora"



E ao resto moitas grazas por participar/colaborar, porque sen todas elas isto non sería posible.

Tamén houbo xente que non se atreveu coas sobremesas pero non dubidou en acender a súa cociña e traernos un par de tortillas. Moitas grazas a todos.

E esperamos que o próximo ano se anime a participar máis xente e algún pai tamén, que se poñan o mandil e nos fagan algún delicatessen.

Feliz verán a todos

martes, 19 de xuño de 2012

Queridas familias:

Como xa sabedes, o próximo venres 22 de xuño, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa de Fin de Curso organizada pola ANPA.

Como en outras ocasións, a entrada para os socios é gratuíta, recordade que para poder vir e disfrutar de todo o que temos organizado, é necesario presentar na porta de entrada o carné de socio deste curso 2011-12. Cada neno NON-socio que queira entrar deberá abonar 3 euros. Se alguén perdeu o seu carné pode solicitar un novo no local da ANPA ao longo desta semana.

Recordamos tamén que os que se apuntaron ó campionato de fútbol ou ao concurso de repostería deberán comunícalo na entrada.

Como xa apuntamos na anterior circular haberá discoteca, e inchables distribuídos por idade. É moi importante respectar isto para que os nenos grandes non esmaguen ós pequenos. Non vos esquezades de traer os calcetíns.

Por último queremos agradecerlles a todas as firmas (Leyma, Gadis) e pequenos comercios (Panadería Outón, Panadería Barcia, Panadería Rozas, Hüidige e Ludoteca Angagua) a sua colaboración dalgunha forma na organización desta festa.

¡¡Moitas grazas!!


Damos as grazas tamén a todos os socios e as familias que dalgunha maneira colaboran co ANPA.

Dende aquí animámosvos a facervos socios. Recordade que a ANPA traballa en beneficio de todos.

Por último desexarvos a todos un feliz verán cos vosos fillos.

Campamentos de Verán

Unha nai do colexio envíanos un enlace moi interesante de cara ao verán. Nel infórmasenos dos Campamentos de Verán que o Concello organiza. Picade sobre a imaxe para accceder a toda a información e documentos, e recordade que as datas para preinscribirse son o 21 e 22 de xuño.

Moitas grazas por toda a información que nos fagades chegar.

ACTUALIZACIÓN ÚLTIMA HORA:
No centro cívico de A Silva ainda quedan prazas para o campamento de verán. Podes inscribirte hoxe (día 21 de xuño) de 16:30h a 20:00h. O campamento dura todo o me de xuño

29 de Xuño: Aniversario da Torre de Hércules como Patrimonio da Humanidade



O próximo día 29 de xuño celébrase o aniversario da Torre de Hércules. Cumpre tres anos dende a súa declaración como Patrimonio da Humanidade e invita a todas as nenas e nenos da cidade á súa festa, que comezará ás seis da tarde aos pés da Torre.

Nesta festa haberá inchables, tirolinas, talleres, música e moita diversión, ademais dunha fantástica torta.

As nenas e nenos maiores de 8 anos poderán ademais ter o seu bautismo de aire e subir nun globo aerostático para achegarse á Torre e dende alí gozar das fermosas vistas aéreas da nosa cidade.

Para participar cada nena e neno recibirán unha postal na que terán que facer un
debuxo que será o regalo que lle levarán á Torre o día 29. Este debuxo, que acompañarán dun recibo de compra do mes de xuño no comercio minorista da cidade, permitiralle participar nun sorteo que terá lugar ao longo da tarde. Os autores dos tres debuxos gañadores terán un gran premio, aínda que haberá premios para todos os participantes.

Ao final, a Orquestra Sinfónica de Galicia cantará o aniversario feliz á Torre que aínda terá reservada algunha sorpresa máis na súa gran festa.

Non faltedes!!!!!

CONCELLARIA DE EDUCACION, DEPORTES E XUVENTUDE

Uniformes: promoción

sábado, 16 de xuño de 2012






Se fas a reserva do uniforme do teu fillo, entre o 11 ata o 23 de Xuño, Hüidige entregarache un vale polo 10% do valor da tua compra, que poderás usar ó longo de todo o ano escolar sin restriccións. Consultar condicións na tenda.

(Recordamos que o uso do uniforme non é obrigatorio)

Festa Fin de Curso 2012

mércores, 6 de xuño de 2012

Queridas familias:


Xa non falta nada para que remate este curso, e dende a ANPA estamos a organizar a Festa de Fin de Curso que terá lugar na nosa escola o día 22 de xuño de 4:30 a 18:30.

Este ano contaremos con moitas NOVEDADES para que todos pasemos unha tarde moi amena e divertida. Entre as novidades diste ano adiantámosvos que haberá:

  • inchables por idades

  • discoteca infantil con monitora que lles marcará as coreografías máis coñecidas

  • campionato de fútbol no que poderán participar nais/pais e fillos/as

  • concurso de repostería para pais e nais no que se entregarán tres premios: “O máis orixinal”, “O máis elaborado”,”O máis saboroso”

  • sorpresas que non revelaremos ata ese día.


Con respecto ao campionato de fútbol, precisamos saber quen estaría interesado en participar, para poder organizar con tempo (antes do día 15) os equipos. Poden participar nenos/as, pais/nais, avós/avoas...non hai límite de idade. Así que repetimos, se queres participar, apúntate mandando un correo a anpaagarimo@yahoo.es ou pásate polo local da ANPA. Só tes que dar o teu nome e a túa idade. ¡Anímate!


Se por outro lado, estás interesado en participar no concurso de repostería, podes apuntarte de igual forma (antes do día 20) no local da ANPA ou no mesmo correo electrónico. Só tes que deixarnos os teus datos e o nome do manxar que vas preparar para esta celebración tan especial.

Tamén podedes poñer o voso grao de area, traendo algún aperitivo, tipo tortilla de pataca, empanada, pinchos...o que se vos ocurra. Calquer tipo de aportación será ben recibida.

Moitas grazas a todos por participar.

Servizo de Comedor para o curso 2012/2013

sábado, 2 de xuño de 2012


Estimados pais e nais, cara o próximo curso nos comprace anunciarvos que JARDANAY SL será a empresa responsable do servizo de comedor no seu colexio. Nas seguintes liñas esperamos responder as dúbidas acerca do servizo:

Alta dun alumno/a

Mediante a entrega do formulario “Modelo 1” (alta no comedor) debidamente cuberto antes do 22 de xuño. Unha vez comezado o curso poderase darse unha alta:

  • antes do día 26 do mes anterior a comezar a usar o servizo
  • Alta extraordinaria: con posterioridade ao día 26 aboarase en proporción os días que vaia a acudir e cun recargo do 10% por estar fora de prazo

Recordade que para acudir ao comedor é necesario ser socios da ANPA ou ben pagar as tasas de matrícula. Non se aceptarán solicitudes sen estar seladas pola ANPA

Como facer uso do comedor de forma esporádica


Haberá que avisar ao teléfono 981.126.627 antes da 13 horas do día que fora a facer uso do comedor e mercar un vale esporádico ao coordinador do servizo. Para acollerse a acudir de forma esporádica tamén é necesario ser socios da ANPA ou pagar a matrícula.

Custo do servizo

Para o curso que ven, os prezos do servizo serán:


* No mes de setembro o prezo será o 62% e en xuño o 72% das táboas precedentes.

* Pago único anual obrigatorio de 4.00 € por seguro de accidentes no primeiro momento de facer uso do comedor no curso

Forma de Pago e descontos

Sempre mediante domiciliación bancaria, nos 5 primeiros días do mes. No caso de altas extraorinarias o recibo pasarase no mes seguinte.

Cando existan dous irmáns acudindo o comedor existirá un desconto do 10% para a modalidade menos onerosa. Se son tres ou máis será do 12% tamén nas modalidades menos onerosas.

Comunicación

A comunicación coas familias é un punto moi importante para nos. Por iso crearemos unha lista de correos electrónicos para facilitar esta función. Tamén os invitamos a que nos comenten calquera cuestión que desexen tanto por vía telefónica coma telemática

Dietas


  • Dieta Branda: avisar ó teléfono 981.126.267 antes das 11:00 da mañá.
  • Dietas Especiais (p.ex. enfermedad celíaca): entrega do “ANEXO I” no momento da inscrición.

Formularios e lugar de entrega

Haberá formularios nas dependencias do colexio e na web da anpa. A entrega será exclusivamente nos locais da ANPA.

Autorización para usar imaxes

luns, 28 de maio de 2012


Estimadas familias:

Como xa coñecedes, esta ANPA acaba de subirse ao tren das novas tecnoloxías utilizando os medios máis actuais para contactar convosco e poñer á vosa disposición a información que nos vai chegando.
Poñemos á vosa disposición o modelo de autorización que redactamos para que, si o considerades conveniente, imprimádelo, asinédelo e nolo entreguedes no local da ANPA.
A nosa única intención para pedirvos esta autorización é que podamos compartir, entre todos, os bos momentos que se producen coas distintas actividades dos nosos fillos no colexio, excursións, etc… e que estas non queden no esquecemento.
Posto que as fotos nos chegan, maioritariamente, a través de pais/nais ”reporteir@s”, si nalgún momento queredes exercer o dereito a rectificación, denegándonos o uso das imaxes, só tedes que poñernos un correo e eliminaremos as fotos que nos indiquedes.
Pinchade AQUÍ, para descargar a AUTORIZACIÓN.
Moitas grazas pola vosa colaboración

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: