E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Autorización para usar imaxes

luns, 28 de maio de 2012


Estimadas familias:

Como xa coñecedes, esta ANPA acaba de subirse ao tren das novas tecnoloxías utilizando os medios máis actuais para contactar convosco e poñer á vosa disposición a información que nos vai chegando.
Poñemos á vosa disposición o modelo de autorización que redactamos para que, si o considerades conveniente, imprimádelo, asinédelo e nolo entreguedes no local da ANPA.
A nosa única intención para pedirvos esta autorización é que podamos compartir, entre todos, os bos momentos que se producen coas distintas actividades dos nosos fillos no colexio, excursións, etc… e que estas non queden no esquecemento.
Posto que as fotos nos chegan, maioritariamente, a través de pais/nais ”reporteir@s”, si nalgún momento queredes exercer o dereito a rectificación, denegándonos o uso das imaxes, só tedes que poñernos un correo e eliminaremos as fotos que nos indiquedes.
Pinchade AQUÍ, para descargar a AUTORIZACIÓN.
Moitas grazas pola vosa colaboración

Eu estudei na pública, e tí?

Darse de alta en Madrugadores

mércores, 23 de maio de 2012




Xa está a vosa disposición o impreso para solicitar praza no servicio de Madrugadores con/sen almorzo. Tedes de prazo para a sua entrega ata o 22 de xuño, no local da ANPA.

Un dato importante a ter en conta é o horario. Se estás interesado no horario de 07:30h a 09:00 debes especifícalo, tendo en conta que poderá facerse se hai un mínimo de 10 nenos.

Podedes descargar o impreso AQUÍ.

(Todos os impresos oficiales do ANPA podédolos atopar sempre no menú da dereita, onde pon "Documentos")

Cómo facerse socio



Para facerse socio, só tes que traer ao local da ANPA o impreso de alta (que podes descargar neste ENLACE) cuberto cos teus datos e os dos teus fillos e abonar a cuota correspondente (15 euros).

Se te fas socio, terás unha serie de ventaxas. Por exemplo, a hora de participar en actividades ou facer uso do comedor, non terías que pagar os 20 euros de matrícula e os teus fillos estarían asegurados en todas elas, nas actividades non subvencionados terías un desconto de 2 euros por fillo e entrada gratis en todalas festas que organiza a ANPA. E ainda estás pensando qué facer?

Campamentos de verán no Ágora

martes, 22 de maio de 2012

Dentro da oferta de actividades do Centro Ágora, este verán desenvolveranse campamentos quincenais para nenas e nenos nados entre os anos 2000-2008, ambos incluídos.

De temática variada e desenvolvidos por un equipo formado por educadores altamente cualificados, o gran valor lúdico e formativo, así como o seu económico prezo, converten esta actividade nun máis que interesante reclamo para todas as familias da cidade.


Toda a información para inscribirse podédela consultar no documento adxunto (díptico) ou ben preguntar en conserxería do Centro Ágora.


Data de inscrición:
Do 28 De Maio o 08 De Xuño, ambos incluidos



Para mais información descarga o DÍPTICO

Por qué unha ANPA?

luns, 21 de maio de 2012



1. Porque é a nosa responsabilidade educar aos nosos fillos/as.
2. Pola necesidade de estar unidos á hora de reivindicar aspectos que nos axuden a mellorar a escola pública.
3. Porque existe un marco legal onde se ampara o noso dereito a participar na vida do centro escolar.
4. Pola importancia de “levar” aos Consellos Escolares a presenza dos pais e nais, organizados nas ANPAS, para defender os intereses de todos, non os individuais.
5. Porque un movemento de pais e nais agrupados fan que as iniciativas e peticións deste sexan vistas con maior respecto polas administracións públicas, polo profesorado, pola sociedade, etc.
6. Porque se os pais e nais non somos activos e participativos, como explicar aos nosos fillos/as que teñen que ser persoas implicadas nunha sociedade onde poidan e deban expresarse, participar e corresponsabilizarse no seu propio futuro?
7. Porque para realizar a formación activa dos pais e nais é necesario unir esforzos e ideas.
8. Porque as ANPAS deben traballar pola integración no seu contorno, facendo uso das instalación de centro educativo.
9. Porque todos somos necesarios para mellorar a calidade de vida para os nosos fillos/as.
10. Porque se os pais e nais non somos capaces de motivarnos pola educación dos nosos fillos/as…por quen o faremos?

Benvidos!!

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: