E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

I Concurso de Repostaría

sábado, 23 de xuño de 2012

E chegou o día da festa Fin de Curso. Os nenos esperaban nerviosos un pouco antes da hora oficial de apertura, desexando que a festa empezase xa.

E abríronse as portas e entre tantos nenos, mamás, papás, avós, avoas....chegaron as mestras reposteiras, coas súas sobremesas. Grazas a elas púidose celebrar o I Concurso de Repostaría.

Ningunha nos contou o segredo da súa receita pero todos estaban saborosos. O xurado deu fe diso e a parte de ter a responsabilidade de ter que escoller entre os 15 presentados, "o máis saboroso", "o máis elaborado" e "o máis orixinal", puido saborear un tras outro, todas as viandas presentadas. Un luxazo de sobremesas que logo puideron degustar maiores e nenos.

Moitos parabéns ás gañadoras:

  • Premio "o máis elaborado": Sonia Rey coa súa "Sorpresa"
  • Premio "o máis orixinal": María García co seu "Fantasmas de chocolate"
  • Premio "o máis saboroso": Mónica Wilkin coa súa "Pasta Flora"



E ao resto moitas grazas por participar/colaborar, porque sen todas elas isto non sería posible.

Tamén houbo xente que non se atreveu coas sobremesas pero non dubidou en acender a súa cociña e traernos un par de tortillas. Moitas grazas a todos.

E esperamos que o próximo ano se anime a participar máis xente e algún pai tamén, que se poñan o mandil e nos fagan algún delicatessen.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: