E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

CONFAPA-GALICIA secunda á folga convocada polo Sindicato de Estudantes para convertila nunha actuación conxunta do alumnado e as familias

mércores, 17 de outubro de 2012


Entre outras cousas, CONFAPA-GALICIA convoca á folga para as nais e os pais para o xoves día 18 de outubro.
CONFAPA-GALICIA considera que a gravísima situación actual demanda unha resposta contundente do alumnado e as súas familias. Estamos ante un ataque sen precedentes aos dereitos do alumnado e das familias, con salvaxes recortes na educación pública que, no contexto actual, vense agravados pola coincidencia con outras medidas igualmente inaceptables.
Iniciamos un curso escolar que supera con creces os peores pronósticos; pensamos que chegou o momento de que o alumnado e as familias, ademáis de seguir a realizar movilizacións conxuntas co resto da Comunidade Educativa, eleven a súa voz para dicirlle ao Goberno Central e ao goberno de Feijoo que está a seguir o seu camiño, que temos chegado a un punto de non retorno, que non estamos dispostos a tolerar nin unha soa medida máis.
Alumnos e pais estamos soportando recortes en todas as partidas, que non fan outra cousa que castigar as xa maltreitas economías familiares, abocando ao abandono educativo a moitos rapaces e rapazas por cuestións económicas. É intolerable e debemos cambiar radicalmente as medidas que se están a tomar.
Sobran os motivos, mais queremos subliñar especialmente que o alumnado e as familias movilizarémonos conxuntamente porque:
·         Non aceptamos un novo cambio de Lei educativa. A sociedade está xa cansa de que cada novo Goberno se empecine en modificar a lexislación educativa, máxime se, como está a ocorrer agora, faise sen contar cos diferentes sectores buscando cambiar o actual modelo social e satisfacer consignas ideolóxicas.
·         Non aceptamos mentiras para xustificar unha reforma do sistema educativo, terxiversando datos e facendo xuízos de valor que non están baseados en datos contrastados.
·         Non aceptamos o desmantelamento da educación pública para beneficio exclusivo da iniciativa privada, desviando os fondos públicos para financiar empresas privadas da educación, moitas de dubidosa legalidade que, incluso, atrévense a vulnerar a Constitución coa connivencia de quen deberían cumprir e facer cumprir o marco legal vixente.
·       Non aceptamos que se eliminen todo tipo de axudas ao alumnado e ás familias, se incrementen as cotas e as taxas -aínda máis, creándoas onde non existían- , incumplindo o mandato constitucional da gratuidade do ensino e o dereito de acceso en igualdade de condicións.
·         Non aceptamos que que os irresponsables políticos que nos gobernan sigan a insultar ao profesorado que ensina aos nosos fillos e fillas, profesorado que goza do respaldo das familias e do alumnado co que conviven a cotío, nun ataque sen precedentes contra a figura do funcionario público e dos interinos, aos que se trata en ámbolos dous casos como se fosen bonecos de feira, co único obxectivo de poñer a educación en mans da empresa privada e, con iso, de precarizar a profesión docente.
En definitiva, alumnos e familias dicimos: ATA AQUÍ CHEGAMOS e esiximos:
• O cese fulminante do Ministro Wert e de todo o seu equipo
• A retirada inmediata do inaceptable anteproxecto de reforma da LOE
• A paralización inmediata de todas as medidas de recorte e desmantelamento do ensino público
• A apertura, cun novo equipo ministerial, dun proceso real de diálogo cos diferentes sectores da Comunidade Educativa para buscar entre todos o consenso preciso para mellorar, de verdade, o ensino público.

FACEMOS UN CHAMAMENTO ÁS FAMILIAS para que realicen o día 18 de outubro unha folga de nais e pais, consistente en deixar baleiros todos os centros educativos para defender os dereitos dos nosos nenos e as nosas nenas.
Asemade, pedímosvos que facilitedes a posibilidade de que, sós ou coa vosa compaña segundo as idades e maduración dos vosos fillos, poidan estes participar nas manifestacións de estudantes a celebrar na mañán do día 17 e, todos xuntos, facelo tamén nas que se levarán a cabo na tarde do día 18 nas distintas vilas e cidades de Galiza. Do mesmo xeito, pedimos que formedes parte das Asembleas que se convoquen e dos piquetes informativos que se realicen.
Chegou o momento de dar unha mensaxe clara sobre que as cousas teñen chegado a un punto onde nunca tiveron que facelo. Non estamos dispostos a que sigan por ese camiño.
CONFAPA-GALICIA

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: