E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

II Concurso escolar de postais de Nadal

mércores, 14 de novembro de 2012


A Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude, no marco do Programa Educativo Municipal “Coruña Educa” informa do II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL que se organiza para o alumnado de todas as etapas educativas dos centros docentes da cidade con motivo das vindeiras festas de Nadal. 

As bases do concurso xa se enviaron aos centros docentes tanto públicos como privados que impartan as ensinanzas de Infantil e Primaria. O tema do concurso será a felicitación de Nadal e Ano Novo e establécense dúas categorías:

  1. Para os escolares de Educación Infantil e 1o e 2o curso de Primaria. 
  2. Para os escolares de 3o, 4o, 5o e 6o curso de Primaria. 

Haberá dous premios, un por categoría que consistirán en material didáctico e libros de lectura. Unha das postais premiadas será a felicitación oficial de Nadal do Concello. A outra será o cartel oficial das festas. Os premios entregaranse nun acto público no Concello nunha data a determinar que será comunicada coa suficiente antelación.

Non obstante todas as postais participantes serán expostas na entrada do Concello, no lugar onde se situe o Belén. 

As postais remitiranse a 
II CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL 
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude 
Casa Paredes. Avda. da Marina, 18-2o andar 
15001 A Coruña

O prazo de presentación das postais está xa aberto e finaliza o venres 23 de Novembro. 

Dende a nosa ANPA animámosvos a participar. Moita sorte.

Semana da Ciencia, xornadas de portas abertas

martes, 13 de novembro de 2012


Os museos científicos coruñeses (mc2) e o Concello da Coruña teñen decidido que esta sexa 12ª semana da ciencia. Dende o día de onte ata o 18 de novembro poderemos gozar de diferentes actividades científicas distribuídas por toda a cidade.

A Concellaría de Cultura informa que a Semana da Ciencia iniciase nos Museos Científicos Coruñeses con sete días de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. Do 12 ao 18 de novembro a entrada será gratuíta en todos eles, días en que os visitantes poderán visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.

Ademais, durante esta Semana programáronse actividades especiais, como un curso de astronomía, novas exposicións fotográficas ou a estrea dunha sala na Domus que funcionará como Laboratorio Aberto para grupos escolares.

O colofón da Semana da Ciencia corresponderá á celebración do 25 aniversario dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, coa entrega o sábado 24 dos Prismas de Bronce aos galardoados nesta XXV edición.

Sabemos que todos estades a desexar participar nalgunha destas actividades, así que consultade os horarios e alí nos vemos.

Actividades extraescolares - Multideporte

xoves, 8 de novembro de 2012


Debido a que non se conseguiu formar grupos cun número mínimo de nenos, suspéndense as actividades de multideporte (baloncesto, atletismo...).

Os pais que apuntasen os seus fillos a estas actividades poden pasar polo local do ANPA no horario habitual (os luns de 5 a 6) para que se lles reintegre o diñeiro aboado previamente. Deberán traer o xustificante de pagamento (papel amarelo).

Desculpade as molestias.

Modificación do menú do 1º trimestre

mércores, 7 de novembro de 2012


Debido a unha serie de protestas por parte dos pais que habitualmente fan uso do servizo de comedor, a empresa que presta o devandito servizo, Jardanay, decidiu facer unha serie de modificacións ao menú do trimestre actual. 

Podedes descargar o menú actualizado picando AQUÍ

Por outro lado recordámosvos que para calquera problema relacionado co comedor podedes poñervos en contacto con eles nos seguintes teléfonos: 

Rosa: 672 288 130 
Antía: 662 955 731 (para cuestións administrativas) 

ou ben a través do seu correo electrónico comedor@jardanay.es

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: