E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Semana da Ciencia, xornadas de portas abertas

martes, 13 de novembro de 2012


Os museos científicos coruñeses (mc2) e o Concello da Coruña teñen decidido que esta sexa 12ª semana da ciencia. Dende o día de onte ata o 18 de novembro poderemos gozar de diferentes actividades científicas distribuídas por toda a cidade.

A Concellaría de Cultura informa que a Semana da Ciencia iniciase nos Museos Científicos Coruñeses con sete días de portas abertas na Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae. Do 12 ao 18 de novembro a entrada será gratuíta en todos eles, días en que os visitantes poderán visitar as súas exposicións e participar nas numerosas experiencias interactivas que propoñen estes centros de ciencia.

Ademais, durante esta Semana programáronse actividades especiais, como un curso de astronomía, novas exposicións fotográficas ou a estrea dunha sala na Domus que funcionará como Laboratorio Aberto para grupos escolares.

O colofón da Semana da Ciencia corresponderá á celebración do 25 aniversario dos premios Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, coa entrega o sábado 24 dos Prismas de Bronce aos galardoados nesta XXV edición.

Sabemos que todos estades a desexar participar nalgunha destas actividades, así que consultade os horarios e alí nos vemos.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: