E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Festa do Nadal

luns, 17 de decembro de 2012







Queridas familias:

Como xa sabedes, o próximo venres 21 de decembro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Nadal organizada pola ANPA.

Como en outras ocasións, a entrada para os socios é gratuíta, recordade que para poder vir e disfrutar de todo o que temos organizado, é necesario presentar na porta de entrada o carné de socio deste curso 2012-13. Cada neno NON-socio que queira entrar deberá abonar 2 euros. Se alguén perdeu o seu carné pode solicitar un novo no local da ANPA ao longo desta semana.

Contaremos entre outras cousas coa visita dun “Carteiro Real” que se encargará de recoller as cartas escritas polos nosos nenos. Tamén haberá obradoiros de postais do Nadal, maquillaxe cunha monitora especializada, e de pintura para os máis pequenos e para os maiores carreiras de sacos e outros xogos. Todos os nenos participarán na elaboración dun gran mural onde se pintará un motivo do Nadal feito coas súas mans.

Como novidade a destacar, dicir que este ano os pais acompañarán aos nenos ata a porta do pavillón pero non poderán estar na pista, se non na zona das bancadas, onde poderán degustar un delicioso "Café do Nadal" acompañado dalgún doce. O motivo de facelo así non é outra que a correcta organización do evento e sobre todo, a seguridade dos nenos, os cales estarán a cargo de numerosos monitores. Lembrade que está prohibido acceder á pista con alimentos e calzado non deportivo.

Outra novidade é que este ano se realizará por primeira vez un CONCURSO DE POSTAIS. Os que queiran participar han de depositalas na caixa que se poñerá na entrada de secretaría antes do día 19 de decembro. Recordar que o tamaño ha de ser tipo cuartilla (A5), a técnica é libre e se ha de indicar nun lugar visible o nome do neno e o curso ao que pertence (moi importante). Cada neno só poderá presentar unha única postal. O día da festa entregarase un premio por curso aos gañadores.

Unha vez máis pedimos que os pais se involucren neste tipo de eventos e que colaboren achegando ideas ou na realización destas. Sobre todo e dado que non temos ningunha achega externa necesitamos xente que poida axudarnos na elaboración do doce que acompañe ao café, algo sinxelo: un biscoito, galletas, madalenas... Todo que estea disposto en achegar o seu grao de area, que o comunique ao ANPA.

Para finalizar, vendo como vos volcastes coa recollida de tapóns (GRACIAS!), temos novas propostas solidarias para este ano como "Operación Quilo". Queremos empezar neste Nadal porque é época de solidariedade, pero nembargantes a campaña durará todo o ano. Todo aquel que queira colaborar pode traer un quilo (ou máis) de alimentos non perecedoiros (legumes, pasta, aceite, etc). Habilitaranse unhas caixas ao lado da dos tapóns solidarios. Para calquera duda, consultade con nos. Máis información en http://www.balrial.com. Tamén ides encontrar outro contenedor destinado á recollida de cartuchos de impresión valeiros e móbiles vellos (sen cargador) para axudar a Lola (máis info en http://elcaramelodelola.webnode.es). Por outrro lado vamos a colaborar con Cáritas que este ano necesitan roupa de nenos (non de adulto). E xa para rematar, a partir de xaneiro colaboraremos coa ONG "Miradas al mundo" xuntando xoguetes de segunda man e que estén en bo estado. De esto último recibiredes máis información a volta das vacacións.


Por último desexarvos a todos un feliz Nadal e un próspero ano novo 2013.

ANPA Agarimo

I Concurso da Postal do Nadal - Festa do Nadal

luns, 10 de decembro de 2012




Ola a todos!

Xa non nos queda nada para Nadal, na penas 15 días estaremos gozando das primeiras vacacións deste curso. Pero antes queremos que volo pasedes en grande na Festa de Nadal organizada pola ANPA, onde haberá moitas sorpresas e que se celebrará o día 21 pola tarde.

Novamente pedimos a colaboración de todos os pais, ben achegando ideas ou ben, activamente, no desenvolvemento destas. Como todos os anos nos gustaría poder ofrecer café aos pais, acompañado con algunha vianda, como podería ser algún biscoito, galleta, etc. Como non temos ningún tipo de colaboración externa, gustaríanos poder contar convosco na súa elaboración. Se estades interesados en participar podédesvos apuntar no local do ANPA, no seu horario habitual, ou ben por teléfono ou email.

Este ano, como novidade, temos o
I Concurso da Postal Do Nadal para os nosos fillos. Para concursar deberedes traer a postal o día da festa e depositala na entrada nunhas caixas que se habilitarán para iso. Recordade que a postal deberá ser do tamaño de medio folio (A5). Podedes facela en cartolina de cores ou en papel e virá co nome completo e o curso pola parte de atrás. As que non cumpran estas normas non poderán concursar. Ao final da festa entregaranse os premios, haberá un por curso. Animaros e participar!!!!

Dende a Anpa tamén queremos desexarvos a todos unhas felices festas.


Anpa Agarimo

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: