E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Informe de actividades do comedor - Primeiro trimestre

venres, 11 de xaneiro de 2013

Jardanay S.L. envíanos o informe do primeiro trimestre deste curso do servizo de comedor para que os pais que fagan uso deste servizo estean informados das actividades organizadas pola devandita empresa.

Para calquera pregunta ou dúbida podedes consultalo con eles, nos teléfonos habituais:
  • Rosa: 672 288 130
  • Antía: 662 955 731 (para cuestións administrativas)
ou ben a través do seu correo electrónico comedor@jardanay.es

Para descargar o informe podedes facer click AQUÍ

Campañas solidarias e actividades extaescolares

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Queridas familias:
Como xa vos informamos na anterior circular, querémosvos recordar que este colexio está involucrado con varias causas solidarias: 

  • a recollida de tapóns (http://www.fundacionseur.org/)
  • a recollida de cartuchos de impresora e móbiles usados (http://elcaramelodelola.webnode.es), 
  • a recollida de alimentos non perecedoiros (http://www.balrial.com), na que se xuntaron 34 kg. no mes de decembro e nos agradeceron personalmente a todo o colexio
  • a recollida de roupa infantil de segunda man para Cáritas, da que de momento non houbo ningunha donación.
  • e agora, que xa estamos en xaneiro, empezaremos a recollida de xoguetes e libros usados para a ONG "Miradas ao mundo" (http://www.miradasalmundo.org). Cos xoguetes e libros que se reunan será a propia ONG quen organice un mercado solidario no noso colexio para o Día da Paz (30 de xaneiro). Habilitaranse caixas como para o resto de causas para deixalos na entrada do colexio, por secretaría.

Aproveitamos a ocasión para informar que todo aquel que queira apuntar os seus fillos ás seguintes actividades extraescolares: xogos, fútbol, patinaxe, pintura, inglés, teatro, judo e taekwondo, poderá facelo no local do ANPA durante os días 15 (de 9:00 a 9:30 e de 17:00 a 18:00) e o 16 (de 9:00 a 9:30) do presente mes.

Menú do comedor - Segundo trimestre 2012-13

mércores, 9 de xaneiro de 2013


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o segundo trimestre deste curso.
Para descargalo facede click AQUí.

Queredes saber cómo foi a festa do Nadal?

luns, 7 de xaneiro de 2013


Aquí tedes unha pequena mostra do que disfrutaron os nosos fillos na festa organizada pola ANPA antes do Nadal.

Moitas grazas a todos os pais que colaboraron con nos na celebración desta festa!!

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: