E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Campañas solidarias e actividades extaescolares

xoves, 10 de xaneiro de 2013

Queridas familias:
Como xa vos informamos na anterior circular, querémosvos recordar que este colexio está involucrado con varias causas solidarias: 

  • a recollida de tapóns (http://www.fundacionseur.org/)
  • a recollida de cartuchos de impresora e móbiles usados (http://elcaramelodelola.webnode.es), 
  • a recollida de alimentos non perecedoiros (http://www.balrial.com), na que se xuntaron 34 kg. no mes de decembro e nos agradeceron personalmente a todo o colexio
  • a recollida de roupa infantil de segunda man para Cáritas, da que de momento non houbo ningunha donación.
  • e agora, que xa estamos en xaneiro, empezaremos a recollida de xoguetes e libros usados para a ONG "Miradas ao mundo" (http://www.miradasalmundo.org). Cos xoguetes e libros que se reunan será a propia ONG quen organice un mercado solidario no noso colexio para o Día da Paz (30 de xaneiro). Habilitaranse caixas como para o resto de causas para deixalos na entrada do colexio, por secretaría.

Aproveitamos a ocasión para informar que todo aquel que queira apuntar os seus fillos ás seguintes actividades extraescolares: xogos, fútbol, patinaxe, pintura, inglés, teatro, judo e taekwondo, poderá facelo no local do ANPA durante os días 15 (de 9:00 a 9:30 e de 17:00 a 18:00) e o 16 (de 9:00 a 9:30) do presente mes.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: