E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

MERCADILLO SOLIDARIO, todo un éxito a repetir

xoves, 28 de febreiro de 2013

Gustaríanos empezar este post dando as GRAZAS A TODOS, pais, nais, avós, amigos..., xa que sen a vosa axuda, as vosas achegas e sobre todo sen a vosa solidariedade non se tería escrito. Nin o frío puido coas ganas de querer axudar, colaborar.

O máis importante empezou alá a principios de xaneiro, cando empezastes a traer os vosos xoguetes e libros, que foron moitos e moi variados, libros, contos, bonecos, crebacabezas e un longo etcétera que rematou onte co mercadillo solidario celebrado no patio do noso colexio e que tivo un éxito rotundo entre os nenos e os non tan nenos. Había moita variedade para todos os gustos e idades, dende os Irmáns Grimm e Andersen, libros despregables, pasando polos clásicos xuvenís, e mesmo algún conto do "Capitán Trono" e como non Monster Highs, Barbies, Winx, Action Mans.... Todo a uns prezos moi alcanzables: dende os 50 céntimos ata os 2 euros.

Houbo mesmo un sorteo de dúas marabillosas bicicletas. As rifas vendéronse a 50 céntimos. Os números gañadores estarán colgados na porta do colexio. Os números 38 e 65 foron os agraciados e en reserva quedou o número 36.

O diñeiro recadado (390 euros) será destinado, como xa vos informamos na última circular, para a axuda da construción dunha escola en Guinea Bissau. Por cada euro, un ladrillo. Quedou demostrado que entre todos se pode!

Finalmente agradecer ao persoal do Centro que fixo posible o evento e a ONG Miradas ao Mundo polo seu gran labor e pola súa grande axuda.

Queremos engadir que o que non tivo prezo foi ver as caras de ilusión dos nenos e toda a axuda recibida por parte da Comunidade Educativa. Esperamos que esta achega axude aos nenos máis necesitados porque a educación non é un privilexio, é un dereito máis que fundamental e non debe estar condicionado por nada nin por ninguén.

Grazas a todos de novo. Esperámosvos a todos no próximo!!

Mercadillo Solidario

luns, 25 de febreiro de 2013


Queridas familias:
Chegou o momento da celebración do "Mercadillo solidario", do cal empezamos a falar antes do Nadal. Dende aquí agradecer a todos os pais e nais as vosas achegas, tan valiosas nestes momentos de crise, que foron máis do esperado.
Como sabedes estivemos a recoller xoguetes e libros en bo estado co obxecto de poder recadar fondos para a ONG "Miradas al Mundo", a cal inverterá o recadado na construción dunha escola en Guinea Bissau. Podedes ver toda a información deste proxecto na súa páxina web pero máis concretamente neste enlace: http://www.miradasalmundo.org/2013/02/03/video-juntos-construiremos-una-nueva-escuela/
O Mercadillo farase o próximo mércores día 27 no patio do noso colexio, o horario será de 16:30 h. a 18:00 h e os prezos oscilarán entre os 50 cts e os 2 euros. É unha boa oportunidade para compartir cos nosos fillos e demostrar co noso exemplo cal é o verdadeiro valor da solidariedade. Animámosvos a que participedes e divulguedes entre outros pais esta actividade, o fin paga a pena.
Esperámosvos a todos!!

ANPA AGARIMO
Eduquemos dando exemplo. Chega o momento de compartir

NOTA: Os nenos que o desexen poden traer escrita unha carta cun debuxo ou foto para os nenos de Guinea Bissau. A ONG será a encargada de que cheguen ao seu destino. Animade os vosos fillos a que a escriban!

Entroido. Dudas e queixas

venres, 15 de febreiro de 2013


En relación á solicitude recibida para que se permita a asistencia dos pais e nais ao desfile de carnavais, dentro da xornada escolar, debemos indicar o seguinte:
  1. O ANPA quere expresar que en ningún momento se nos comunicou á directiva, nin á propia dirección do colexio (segundo eles nos comentan) esta petición de forma verbal.
  2. Este asunto xa se comentara, anteriormente, co director o cal en ningún momento se opuxo a éste.
  3. O único requisito imprescindible para poder levalo a cabo é que sexa aprobado en consello escolar.
  4. Ante o comentario de que somos un dos poucos colexios da cidade no que non se permite a entrada ao mesmo, que nós saibamos son só 2 os que sí o permiten.

Non dubidedes en poñervos en contacto co ANPA ou coa propia dirección do colexio en caso de que teñades algunha outra dúbida ou queixa.

ANPA AGARIMO

Torneo de fútbol

martes, 12 de febreiro de 2013

Bibi é unha mamá do noso colexio que nos fixo saber que o sábado día 9 houbo un torneo de fútbol no Polideportivo do Colexio San Francisco Javier. A parte de informarnos deste torneo fíxonos chegar estas marabillosas fotos que queremos compartir con todos vos.

Moitas grazas Bibi!

Entroido 2013

luns, 11 de febreiro de 2013

E así é como transcorreu a nosa festa do entroido, entre pallasos, duendes, fadas, monster high, sereas, policías, porquiños, dálmatas, piratas do Caribe, astronautas...

Pasámonolo xenial e aquí podedes ver un pequeno resumo de  que deu de si a tarde do entroido no noso colexio.

Noraboa aos que levaron un dos premios e moitas grazas aos pais que colaboraron con nos, nunha cousa ou noutra.


Festa do Entroido

mércores, 6 de febreiro de 2013


Queridas familias:
O vindeiro venres 8 de febreiro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Entroido organizada pola ANPA.
Recordade que a entrada para os socios é gratuíta, presentando na porta de entrada o carné de socio deste curso 2012-13. Cada neno NON-socio que queira entrar deberá abonar 2 euros. Os nenos deberán vir acompañados sempre dalgún adulto.
Como en outras ocasións haberá obradoiros de maquillaxe cunha monitora especializada, de pintura para os máis pequenos e para os maiores carreiras de sacos e outros xogos. Unha vez mais haberá un desfile de disfraces e elaboraremos entre todos un mural de Entroido, no que participarán todos os nenos. Como novidade este ano contaremos coa actuación duns simpáticos pallasos que nos traerán alguna sorpresa e que farán as delicias de pequenos e grandes.
Este ano se realizará por primeira vez un CONCURSO DE LARPEIRADAS DO ENTROIDO. Os que queiran participar deberán apuntarse no local do ANPA, ou ben por email ou ben por teléfono. O día da festa entregarase un premio moi orixinal ao pai/nai gañador. Animádevos a participar!
Querémosvos recordar que os pais deberán acompañar aos nenos ata a porta do pavillón pero non poderán estar na pista, se non na zona das bancadas, tal como se fixo no Nadal. Alí poderán degustar un delicioso café acompañado dalgún doce do entroido. Lembrade que está prohibido acceder á pista con alimentos e calzado non deportivo.
É moi importante para os vosos fillos que vos involucredes neste tipo de eventos e que participedes como sempre, achegando ideas ou colaborando na elaboración destas. Queremos aproveitar e dar as grazas a todos os que o fixeron no Nadal. Todo o que estea disposto a botarnos unha man, que o comunique ao ANPA.
Disfrutade do Entroido
ANPA Agarimo
Nota Importante: Xa non se recollen máis xoguetes nin roupa (remataron as campañas). A roupa que está na cesta da entrada doarase a Cáritas durante esta semana. Se botades en falta algunha peza, revisádea canto antes.  Moitas grazas!!

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: