E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Entroido. Dudas e queixas

venres, 15 de febreiro de 2013


En relación á solicitude recibida para que se permita a asistencia dos pais e nais ao desfile de carnavais, dentro da xornada escolar, debemos indicar o seguinte:
  1. O ANPA quere expresar que en ningún momento se nos comunicou á directiva, nin á propia dirección do colexio (segundo eles nos comentan) esta petición de forma verbal.
  2. Este asunto xa se comentara, anteriormente, co director o cal en ningún momento se opuxo a éste.
  3. O único requisito imprescindible para poder levalo a cabo é que sexa aprobado en consello escolar.
  4. Ante o comentario de que somos un dos poucos colexios da cidade no que non se permite a entrada ao mesmo, que nós saibamos son só 2 os que sí o permiten.

Non dubidedes en poñervos en contacto co ANPA ou coa propia dirección do colexio en caso de que teñades algunha outra dúbida ou queixa.

ANPA AGARIMO

3 comentarios:

Luis dixo...

O punto número 1 non é certo. Na reunión de principios de curso unha nai xa o planteou e a presidenta dixo que o colexio negábase pero non planteou a posibilidade de presentalo no consello escolar. Non había moitos pais pero eu si estaba presente.
Se como decides co director xa se comentara como é posible que nunca se plantexara en ningún consello? Penso que é máis cómodo non facer nada.
Se somos poucos ou moitos é o menos importante, se como dice o director non se opón e sabe que nos estaríamos encantandos, cal é o problema??
Eu dende aquí pediría que se realizara unha reunión, sin esperar ao ano que ven, no que estivera presente o director, para aclarar todo isto, porque a min esta nota non me aclara absolutamente nada. ¿Se pode? ¿Non se pode? De quen é a culpa de que non se faga así...porque o que está claro e que si hai en toda Coruña un só colexio onde se faga, é que e posible!

Miriam dixo...

Yo también debo de estar un poco espesa porque después de leer la nota no acabo de entender del todo que es lo que se nos quiere comunicar; hay posibilidades reales o no de poder acceder al desfile en próximos años? Según esto parece decir que por el director no habría ningún problema y que si no vamos es porque no hemos sabido plantearlo de manera adecuada en reuniones y ante el consejo escolar?? Es una broma?
En este colegio hay muchos padres que les gustaría asistir al desfile de carnaval(ya que entre cosas confeccionamos nosotros mismos los disfraces y no entramos en que en otros colegios los confeccionan en la propia clase con los profesores, verdad?)así que si tenemos interés poco me importa si lo permiten en 1 o en 10 colegios... Pero que tampoco nos tomen el pelo, porque yo ya conozco más de 2 colegios donde acceden sin problemas al desfile, y los demás padres probablemente también.

ANPA Agarimo dixo...

Quizais esta nota non está redactada da mellor forma posible. Pode ser que alguén comentase que sería boa idea poder permitir o acceso aos pais durante a xornada escolar durante o desfile, pode ser, aínda que persoalmente non o recordo. Pero se foi así desculpádenos. O que queremos dicir con esta nota é que algo así, destas características, debe ir a consello escolar sempre. Que non imos dicir que o noso colexio é o único que non o fai porque non nos beneficia en absoluto dicir que o colexio onde decidimos levar os nosos fillos é o "peor" nese sentido. Quedan moitas cousas por facer pero pouco a pouco todo se andará. Que saibades que o director non se opón ao que se propuxo pero que ten que ser aprobado en consello escolar, simplemente iso. Tamén dicirvos que algo así necesita unha organización, que hai que saber cantos pais van poder realmente asistir e colaborar coa devandita celebración (e isto hai que recalcalo porque a experiencia que temos é que son sempre 5 ou 6 pais os que colaboran e necesitamos máis implicación), o establecemento dunhas normas, etc, etc...
Polo tanto invitámosvos a pasar polo local do ANPA para ter unha idea do que esperades para o ano que vén e cantos están dispostos a vir e colaborar. Nos transmitirémosllo ao colexio, a parte de colaborar no que se poida, claro está.
Moitas grazas e perdoar se houbo malos entendidos.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: