E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

MERCADILLO SOLIDARIO, todo un éxito a repetir

xoves, 28 de febreiro de 2013

Gustaríanos empezar este post dando as GRAZAS A TODOS, pais, nais, avós, amigos..., xa que sen a vosa axuda, as vosas achegas e sobre todo sen a vosa solidariedade non se tería escrito. Nin o frío puido coas ganas de querer axudar, colaborar.

O máis importante empezou alá a principios de xaneiro, cando empezastes a traer os vosos xoguetes e libros, que foron moitos e moi variados, libros, contos, bonecos, crebacabezas e un longo etcétera que rematou onte co mercadillo solidario celebrado no patio do noso colexio e que tivo un éxito rotundo entre os nenos e os non tan nenos. Había moita variedade para todos os gustos e idades, dende os Irmáns Grimm e Andersen, libros despregables, pasando polos clásicos xuvenís, e mesmo algún conto do "Capitán Trono" e como non Monster Highs, Barbies, Winx, Action Mans.... Todo a uns prezos moi alcanzables: dende os 50 céntimos ata os 2 euros.

Houbo mesmo un sorteo de dúas marabillosas bicicletas. As rifas vendéronse a 50 céntimos. Os números gañadores estarán colgados na porta do colexio. Os números 38 e 65 foron os agraciados e en reserva quedou o número 36.

O diñeiro recadado (390 euros) será destinado, como xa vos informamos na última circular, para a axuda da construción dunha escola en Guinea Bissau. Por cada euro, un ladrillo. Quedou demostrado que entre todos se pode!

Finalmente agradecer ao persoal do Centro que fixo posible o evento e a ONG Miradas ao Mundo polo seu gran labor e pola súa grande axuda.

Queremos engadir que o que non tivo prezo foi ver as caras de ilusión dos nenos e toda a axuda recibida por parte da Comunidade Educativa. Esperamos que esta achega axude aos nenos máis necesitados porque a educación non é un privilexio, é un dereito máis que fundamental e non debe estar condicionado por nada nin por ninguén.

Grazas a todos de novo. Esperámosvos a todos no próximo!!

4 comentarios:

rosario dixo...

E logo xa acabou??? eu pensei que hoxe tamén había... Bueno na nosa casa xa temos un membro máis, un marabilloso Bob Esponja que nos facía moitiiiiiña falta!!

ANPA Agarimo dixo...

Sí, xa acabou. O que ainda están a tempo é de escribirlles a eses nenos unha carta, mandarlles unha foto ou un debuxo. Mañán será o último día de recollida.
Moitas grazas Rosario.

Irene dixo...

Noraboa polo traballo solidario que estades a facer

ANPA Agarimo dixo...

Moitas grazas Irene.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: