E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Fin de curso

venres, 14 de xuño de 2013






Queridas familias:

Como ven sendo habitual por estas datas, a ANPA vai organizar unha Festa Fin de Curso. Este ano a celebración terá lugar o venres, día 21 de xuño de 16:30 h. a 18:30 h.

Recordade que a entrada para os socios é gratuíta, presentando na porta de entrada o carné de socio deste curso 2012-13. Cada neno NON-socio que queira entrar deberá abonar 2 euros. Os nenos deberán vir acompañados sempre dalgún adulto.

Se o tempo non o permitise a festa desenvolveríase no pavillón, no caso contrario será no patio exterior, como todos estes anos. No caso que se fixera no pavillón, querémosvos recordar que os pais deberán acompañar aos nenos ata a porta pero non poderán estar na pista, se non na zona das bancadas, tal como se fixo noutras festas. Haberá inchables para todos os nenos, segundo idade.

Tamén vos informamos de que o próximo curso 2013-14, a empresa Jardanay será a encargada de todo o tema de comedor, incluídos os almorzos. Todo aquel que desexe facer uso de un, ou de ambolos dous servizos, terá que cubrir os impresos que podedes atopar no local do ANPA e presentalos os días 19 de xuño e 20 de xuño,  de 9:00 h a 9:30 h. Recordámosvos que para apuntarse ao comedor, é necesario aboar a cota do ANPA do curso 2013-14 previamente.

Por último desexarvos a todos, grandes e pequenos,  un feliz verán. Vémonos á volta das vacacións

ANPA Agarimo

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: