E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Graduación 6º Primaria, a primeira xeración do século XXI.

mércores, 3 de xullo de 2013

O pasado día 28 de xuño, no salón de actos do noso colexio, tivo lugar a cerimonia de graduación dos nosos alumnos de 6º de Primaria. Foi unha cerimonia especial e emotiva para despedir á primeira fornada/xeración do século XXI, tal como dixo o noso director, Jesús Carballo. 

Os nenos de 6º dixéronnos ata sempre acompañados de pais, familiares e amigos e mesmo algún se atreveu a dedicarlle unhas palabras con moito cariño aos seus compañeiros. 

Foi o fin dunha etapa moi especial na vida dos nosos fillos, moitos anos nos que foron atesourando vivencias que permanecerán sempre na súa memoria e que sen dúbida os acompañarán ao longo da seguinte etapa, que agora empeza. 

Aínda recordamos o día que os deixamos na porta do colexio por primeira vez, totalmente ilusionados, curiosos, algún que outro nervioso e con algunha bágoa tamén. O tempo pasou e xa non son aqueles nenos, agora maduraron, aprenderon moitas cousas e creceron xuntos, compartindo un mundo infinito de cousas. 

Cada un dos presentes nesta cerimonia soubo demostrar que cumpriu o seu obxectivo, por iso queremos agradecer a todo aquel que os acompañou/dirixeu nesta etapa, en especial a todo o persoal docente e non docente deste centro. 

Como pais queremos dar as grazas a todos os profesores por ocuparse dos nosos fillos máis alá do que son as clases. Queremos agradecerlles toda a dedicación, entrega e paciencia que demostraron ter, día a día, cos nosos fillos, por motivalos e por ensinalos a non só pensar en grande, senón a ser grandes! Dende aquí queremos que saiban que todo ese tempo dedicado aos nosos fillos non será en balde e que no futuro se verá o froito do seu traballo. 

 E a vós, os nosos fillos, grazas polo voso exemplo de esforzo e perseveranza, de inocencia, alegría e amizade, valores que ogallá conservedes sempre. Gozade este momento e demostrade que o sementado ata agora, caeu en terra fértil, facede que nós como pais e este colexio que vos acolleu, nos sintamos orgullosos de vós. 

Desexámosvos moita sorte, moita felicidade e tamén moita confianza en vós mesmos. ÁNIMO! E sempre sempre ADIANTE! 

PARABÉNS A TODOS!! 

(Grazas a Eva Manteiga por facernos chegar estas fotos da cerimonia)

1 comentarios:

Eva dixo...

Muchas gracias a todos, empieza una nueva etapa para ellos y esperamos que sea tan gratificante como esta en el Colegio.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: