E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Actividades extraescolares 2013-14

martes, 17 de setembro de 2013



Para completar o horario escolar e poder colaborar na conciliación da vida laboral e familiar, a ANPA xunto coa dirección do centro e profesorado, organiza como todolos anos, unha serie de actividades extraescolares, todas elas aprobadas polo Consello Escolar.

O catálogo de actividades varía segundo a idade dos alumnos, existindo diversos horarios segundo nivel. Todas estas actividades impártense dende o mes de outubro ata o mes de maio.

Os días de inscrición serán o 18 e 19 do presente mes (mércores e xoves) de 16:45h a 19:00h e realizarase no salón de actos do centro.

Para as actividades subvencionadas polo concello, podemos descargar o impreso AQUÍ e traelo cuberto. E se non sodes socios podedes descargar o impreso de alta AQUÍ e mais o formulario de autorización de uso de imaxes, tamén AQUÍ

Hai que ter en conta os seguintes puntos importantes:

  • Á hora de facer os grupos pode haber algunha variación no día e hora da actividade, dependendo do número de alumnos.
  • As actividades non subvencionadas polo Concello abonaranse mensualmente ou bimensualmente directamente ao/á profesor/a da actividade.
  • As actividades subvencionadas polo Concello abonaranse no momento da inscrición, e unha vez finalizado o prazo de matrícula non se admitirán máis solicitudes.
  • A cuota de inscrición inclúe unha cobertura de asistencia sanitaria nos Hospitais Modelo e San Rafael.
  • Os módulos serán de 15 alumnos como mínimo, salvo o de “Kids Brain” que será de 8, e os do POE que será de 10.
  • No caso de dous ou máis irmáns, aplicaráselles unha rebaixa en función do número de irmáns anotados ás actividades.
  • Para unha maior eficacia e rapidez, rogamos veñan coas actividades elexidas e o importe exacto (podedes consultar a tabla de precios AQUÍ), presentando o carné de socio/a da ANPA do presente curso ou formalizando a inscrición nese momento.


ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO
ACTIVIDADE
DÍAS E HORAS
LUGAR
CUOTA

Xogos
E. Infantil e 1º Ciclo de EP
Luns e Mércores (4 a 5)
Ximnasio
33’00 € /ano


Ximnasia Rítmica
EI 4 e 5 anos
1º, 2º e 3º de EP
4º, 5º e 6º de EP

Luns e Mércores (4 a 5)
Luns e Mércores (5 a 6)
Luns e Mércores (5 a 6)

Polideportivo
Polideportivo
Ximnasio
33’00 € /ano

Xadrez
1º a 6º de EP
Luns e Mércores (4 a 5)
Luns e Mércores (5 a 6)
Aula de vídeo
33’00 € /ano



Patinaxe
EI 4 e 5 anos
1º, 2º e 3º de EP
4º, 5º e 6º de EP

Luns e Mércores (4 a 5)
Luns e Mércores (5 a 6)
Luns e Mércores (6 a 7)
Pista de patinaxe
33’00 € /ano




Predeporte (Futbito)
1º Ciclo de EP
Luns e Mércores (4 a 5)
Polideportivo
33’00 € /ano


Fútbol
3º e 4º de EP
5º e 6º de EP

Luns e Mércores (5 a 6)
Luns e Mércores (6 a 7)
Polideportivo
33’00 € /ano



Balonmán
3º a 6º de EP
Martes e Xoves (6 a 7)
Polideportivo
33’00 € /ano


Multideporte
(Baloncesto, Softball...)
3º a 6º de EP


Martes e Xoves (6 a 7)
Polideportivo
33’00 € /ano


Baile Moderno
E.I. 3, 4 e 5 anos
1º a 6º de EP

Martes e Xoves (4 a 5)
Martes e Xoves (5 a 6)
Ximnasio
33’00 € /ano



PLAN DE OCIO EDUCATIVO SUBVENCIONADO POLO CONCELLO
ACTIVIDADE
DÍAS E HORAS
OBSERVACIÓNS

Divermates e Pequeciencia
EI 3 anos a 2º de EP 
Luns de 4 a 6
Prazas limitadas.
É obrigado asistir ás duas horas.
1 día: 30 €/ano
2 días: 45€/ano
3 días: 60€/ano
Máis información no local da ANPA en horario de 9 a 10h ou no momento de inscrición

Mais información AQUÍ






Music and Play
EI 3 anos a 2º de EP
Martes de 4 a 6


Actor´s Studio
EI 3 anos a 2º de EP
Mércores de 4 a 6



ACTIVIDADES PRIVADAS NON SUBVENCIONADAS POLO CONCELLO
ACTIVIDADE
DÍAS E HORAS
LUGAR
CUOTA

Debuxo e Pintura
EI 3 anos a 6º de EP
Martes,Mércores,Xoves (4 a 5 /5 a 6)
(a elixir dous días)
Aula de plástica
18 € / mes




Teatro
EI 3, 4 e 5 anos
1º a 6º de EP

Martes e Xoves (4 a 5)
Martes e Xoves (5 a 6)
Salón de actos
18 € / mes



Judo
EI 4 anos a 6º de EP
Martes e Xoves (4 a 5)
Martes e Xoves (5 a 6)
Polideportivo
20 € / mes


Taekwondo
EI 3 anos a 6º de EP
Martes e Xoves (4 a 5)
Martes e Xoves (5 a 6)
Polideportivo
20 € / mes



Taller Bilingüe (Inglés)
EI 3, 4 e 5 anos
1º e 2º de EP

Martes e Xoves (4 a 5)
Martes e Xoves (5 a 6)
Aula de E.I. 3 anos
18 € / mes






KIDS BRAIN NOVO!

*Como novidade ofertamos, os mércores de 4 a 5 ou de 5 a 6 (dependendo do grupo de idade), unha nova actividade de cálculo mental impartida en inglés, que consideramos de interese educativo. Para máis información podedes consultar AQUÍ ou directamente a persoa encargada da actividade o propio día da inscrición

 CAMPAÑA DE NATACIÓN
Actividade para os nenos de segundo ciclo de primaria. Toda a información xa foi publicada fai uns días neste POST e que podedes consultar agora.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: