E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Circular "Campaña de natación 2013-14"

mércores, 11 de setembro de 2013



Queridas familias:
Queremosvos ofrecer a posibilidade de que os nenos poidan realizar a actividade de Natación na Piscina Municipal de Riazor, os venres de 16:15 a 17:00 h. As condicións para acceder a esta actividade son as seguintes:

  1. Ser alumno de 2º ciclo de EP, ata un máximo de 20 alumnos
  2. O prezo por alumno será 53’47 € (incluindo o traslado dende o centro e unha cobertura sanitaria). Procurade vir co importe exacto.
  3. A data de inscrición será a partir do luns 16 ata o  20 de setembro no local da ANPA no horario de atención habitual (9 a 9:30 L-V) . As prazas cubriranse por orde de solicitude.
  4. A data de comezo prevista para a devandita actividade será a semana do 8 ao 11 de outubro.

Esperando que esta actividade sexa do voso interese, recibide un cordial saúdo.
ANPA Agarimo

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: