E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Nova actividade extraescolar: "Matemáticas en inglés"

xoves, 12 de setembro de 2013





Queremos informarvos dunha nova actividade para este curso 2013/14 que cremos fundamental para o desenvolvemento intelectual dos nosos fillos e que por diversas circunstancias non existía no noso colexio.

É o programa "Kids Brain", un método que permite o desenvolvemento do cerebro dos nenos mediante as matemáticas e o inglés usando o ábaco, estando especialmente indicado para as idades comprendidas entre os 5 e os 14 anos. Este innovador proxecto educativo, achega numerosos beneficios para o desenvolvemento das capacidades cognitivas dos nenos (atención, concentración, memoria visual, creatividade, habilidades analíticas, etc.) así como un significativo reforzo en inglés e matemáticas. E todo iso, ademais, dun modo moi divertido e estimulante para os nosos fillos. Para coñecer mellor os fundamentos e a metodoloxía de Kids Brain podedes botar unha ollada á seguinte páxina web:
http://www.kidsbrain.es/es

Cando se impartirá

Os mércores.
Para os alumnos de 6ºEI, 1ºEP, 2ºEP e 3ºEP: de 16:00 a 17:00
Para 4ºEP, 5ºEP e 6ºEP: de 17:00 a 18:00.


Prezo
25 euros ao mes máis un pagamento inicial de 25 euros.
O pagamento inicial faríase no momento da inscrición e sería para o pagamento de todo o material didáctico, dereitos de exame e certificación por cada nivel. Como material didáctico inclúese: un ábaco, 3 libros, unha mochila KIDS BRAIN, un lapis, unha goma e un adhesivo.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: