E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Nova actividade para os nosos nenos - Padel

martes, 24 de setembro de 2013




Querémosvos informar da posibilidade de que os nosos nenos poidan practicar "Padel" moi preto do noso colexio e a uns prezos moi alcanzables.
A actividade realizarase en "Arena Padel" e os grupos serán moi reducidos. Pasámosvos a información que nos fan chegar dende as súas instalacións:
IDADES:
Grupos de: 4 a 6 anos, 6 a 8 anos, 8 a 10 anos, 10 a 12 anos, 12 a 14 anos
(Estes grupos poderanse variar en función das habilidades coordinativas dos alumnos, a criterio da dirección da escola de pádel sempre que os pais estean de acordo).
ACTIVIDADE:
Desenvolvemento das habilidades técnicas do deporte pádel e iniciación ao tenis.
Para os máis pequenos temos a actividade de minitenis e introdución aos deportes de raqueta.
DATA E HORARIO:
O curso comeza a partir do 1 de Outubro de 2013
Pódense formar grupos de Luns a Venres de 16:00 a 19:00 horas e sábados de 10:00 a 14:00 horas ( as clases serán dunha hora). O número mínimo de persoas para crear un grupo é de 4 nenos.
PREZO:
1 día á
semana-------------------20€ ao mes
2 días á semana------------------33€ ao mes
(prezo exclusivo para alumnos do colexio María Barbeito e irmáns ata os 14 anos).
INSCRICIÓN:
No local do ANPA, de 9:00h a 9:30h  

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: