E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Transcrición literal da Acta de Principio de Curso - 26 de setembro de 2013

venres, 27 de setembro de 2013



Reunidos ás 16.15h. en primeira convocatoria, e ás 16.30 horas en segunda, da tarde do día 26 de setembro de 2013, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:

1.      Saudo da Presidente en funcións, agradecendo a presencia de todos os pais e nais presentes. Infórmase aos asistentes que dado que todavía hai postos vacantes para formar o equipo directivo da ANPA, non se pode presentar como tal, quedando este tema pendente. Ante este punto, os representantes da xunta directiva, lembrámoslle de novo ás familias asistentes, cales son as funcións dos membros da asociación, así como que é unha labor totalmente voluntaria, coa fin de colaborar e participar activamente na mellora da educación dos nosos fillos e fillas. Solicitanse voluntarios mais nadie dos presentes acepta. Acordase plantexar este problema á CONFAPA.

2.      Horario da ANPA. Infórmase que o local da ANPA estará aberto todos os días lectivos de 09:00 a 09:30 e se está a estudar abrir tamén algunha tarde durante o transcurso das actividades. Infórmase os pais da posibilidade de comunicarse a través doutros medios: móbil, correo electrónico, páxina web e facebook.

3.      Comedor. Infórmase dos horarios do servizo de Madrugadores e Comedor e por onde deben recoller os nenos segundo a súa idade. Recórdaselles que é obrigatorio unha autorización asinada polo pai/nai/titor se a persoa que recolle o neno non é a habitual. Recórdaselles que o coidado dental vixíase no caso de nenos pequenos, polo persoal de Jardanay. Todos os usuarios de comedor han de traer o seu propio cepillo de dentes, da pasta encárgase a ANPA. Dáselles a todos os pais o móbil da persoa encargada do comedor, Rosa, por se tivesen algún problema. Infórmaselles que é necesario o pagamento dun seguro, dun importe de 4 euros anuais, de carácter obrigatorio para todos os nenos, dende o primeiro día de uso deste servizo. Por último resolvénse dudas puntuais dalgúns pais.

4.      Actividades extraescolares. Ao igual que no comedor, recórdase que é necesario unha autorización asinada polo pai/nai/titor se a persoa que vén a recoller o neno non é a habitual. Infórmaselles ós pais que no caso de que, por calquera motivo, non quixesen seguir nunha actividade, poderían, antes de xaneiro, cambiarse a outra, se houbese prazas, ou ben se lles devolvería o importe correspondente a dous trimestres.

Os nenos deixaranse no patio na fila correspondente e recolleranse do mesmo xeito. Os nenos de comedor acompañaraos persoal de comedor. Infórmase que aínda quedan prazas en todalas actividades agás Baile Moderno, Ximnasia Rítmica e Fútbol. Infórmase tamén de que as actividades de balonmán e multideporte se xuntan, por falta de nenos, nunha soa. Por último comunícase aos pais, que hai actividades nas que probablemente non se formen grupo e son: Xadrez de 5 a 6, Divermates e pequeciencias, Patinaxe de 6 a 7, Inglés de 5 a 6 e a actividade externa de Kids Brain. Fálase dunha nova actividade, Padel, realizada fóra do colexio e dáse información dela. As actividades empezarán o día 1 de outubro.

5.      Festas e colaboracions solidarias. Infórmase que se organizarán 3 festas ao longo do curso escolar: a de nadal, carnavais e fin de curso. Recórdase de novo a importancia da colaboración dos pais neste tipo de eventos. Indícase que se lles informará de cada unha delas.

Recórdaselles que seguimos colaborando con diversas causas solidarias e que este ano como novidade, se está a formular a creación dun banco de libros e de uniformes, que podería ser a través da páxina web/facebook en plan "troco". Falarase diso a medida que avance o devandito curso.
6.      Rogos e preguntas.
Un pai formula unha dúbida ante a necesidade de ser socio desta ANPA para acudir ás distintas actividades organizadas por esta. Indícaselle que o ano pasado se acordou no Consello Escolar a obrigatoriedade de ser socio ou ben de pagar un importe de 15 euros en concepto de matrícula. Dito isto, indica que a el lle dixeran 20 en concepto de matrícula e formula a pregunta se alguén máis recibiu esa información. Ninguén responde. Indícaselle que a cantidade acordada foron 15 euros pero se alguén lle informou mal, foi un erro humano. Aprovéitase para pedir desculpas por este malentendido e calquera outro que tivese xurdido durante a inscrición debido á grande afluencia de solicitantes e a escaseza de voluntarios ás mesas.

Unha nai fala da posibilidade de ter a lista de materiais antes de que empece o curso. Indícase que foi un tema levado a consello escolar e que debido a que hai profesores que ata setembro non dispoñen da súa praza, non poden dispoñer dela a tempo. Agás esos casos, os profesores comprométense a presentala antes de empezar o curso.

Unha nai que representa os pais no Consello Escolar propón levar a cabo un referendo entre os pais sobre a vontade de seguir colaborado coa elaboración de disfraces na casa ou instar os profesores a que estes se confeccionen en horario lectivo nas materias de plástica. Volve saír o tema de que os pais poidan estar presentes no desfile de carnaval que se organiza durante o horario lectivo. Infórmaselles que de novo levouse ao último Consello Escolar e que desde Inspección indican que debido a unha serie de circunstancias é imposible realizalo dese xeito. Ata se nos informa de que sería máis probable e posible que puidese facerse si os nenos saísen ao exterior no canto de entrar os pais.
Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asamblea ás 17.45h.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: