E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Volta ao cole

martes, 3 de setembro de 2013



Benvidos a todos!

Dende a ANPA queremos darvos a todos e todas a benvida a este novo curso 2013-2014.

Recordámosvos que o curso comeza o próximo mércores 11 de setembro, aínda que os máis pequenos o farán paulatinamente dende o 11 ata o 13 de setembro.

Comentarvos que mañá, día 4 de setembro, poderedes apuntarvos ao servizo de comedor. Estaremos en horario de 10 a 11:30 no local da ANPA.

E por último, recordarvos que podedes facervos socios da ANPA por 15 euros ao ano por familia. Aínda que xa fosedes socios o ano pasado, hai que renovar a subscrición (as familias que se fixeron socias no mes de xuño, xa o son para o curso 2013-2014). E se non fuches socio nunca, a que esperas? Traballamos -voluntariamente- por e para os teus/nosos fillos, é necesaria a existencia dunha ANPA para moitas cousas que fan que o colexio funcione e, sen socios, non hai ANPA. Tes máis información AQUÍ ou AQUÍ

¡ Feliz volta ao cole !

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: