E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

I Concurso de Monstros e Relatos do Samain

luns, 28 de outubro de 2013


Queridas familias:
Queremos informarvos de que este ano a ANPA AGARIMO organiza o I CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN.
As bases para o concurso son as que seguen:
  • Os alumnos de Infantil e de primeiro ciclo de primaria participarán na elaboración dun monstro realizado con material reciclado e os alumnos de segundo e terceiro ciclo de primaria escribirán un relato curto en galego, onde o tema principal será o Samain.
  • O prazo de admisión de traballos rematará o luns 4 de novembro. Cada traballo deberá presentarse co nome do alumno e o curso ao que pertence.
  • Só se presentará un traballo por alumno e o lugar de presentación será o local do ANPA.
  • O xurado estará formado por representantes do ANPA, a Dirección do Colexio e profesorado
  • Haberá un gañador por categoría e sairá publicado na páxina web do ANPA e na porta principal do colexio o día 8 de novembro. Cada un dos gañadores recibirá un regalo "monstruoso" sorpresa
  • O monstro e o relato gañador sairá publicado na nosa web e no xornal do colexio, que se entrega a todos os alumnos a final de curso.
Animadevos e participar!!
ANPA AGARIMO

O misterioso caso da botiña perdida

mércores, 23 de outubro de 2013



Charolín y Mediasuela son dos botitas gemelas.Su dueño se llama Tomín. Tomín se pone las botitas todos los días. También los domingos. Con ellas juega y va al colegio. De noche, Tomín las deja en su habitación. Duermen al pie de la cama.

Así empezaba aquel libro de "Mundo Novo" de 1º EGB, de hai tantos anos. Aquel mundo novo, cheo de aventuras, veume á mente cando me encontrei este "Charolín" abandonado no local do ANPA, dende hai días.

Agora veredes cal é o misterio... 
 
Un día este Charolín de talle 33, despois de ir a clase de Judo, foise para casa dunha Mediasuela de talle 30. Ninguén sabe como puido suceder. Pero o dono de Mediasuela talle 33 levou confundido ao pequeno Charolín talle 30... E así estamos! O mesmo temos que organizar un baile ao estilo Cincenta para arranxar este agravio...quen sabe!

E resumindo:

  • Mediasuela talle 30 esperando na súa casa que volva o seu xemelgo Charolín talla 30
  • Charolín talle 33 espera murcho no noso local, a que veña o seu dono e o leve de volta á sua casa
  • Supoñemos que Charolín talle 30 estará aos pés da cama dalgún neno que non é o seu dono ou nalgún zapateiro desta cidade, xunto con Mediasuela talle 33.

Entre todos seguro que buscamos a solución: papás!! se os vosos nenos teñen deportivos como este, revisarlles a numeración porque alguén levou un número 30 que non é seu. O seu é este. O dono do número 30 agradecerávolo polo menos ata que lle creza o pé un número
;-)
NOTA: o da numeración 30 e 33 é pura ficción, só sabemos que entre un e outro hai tres!!! números de diferencia... Non queremos imaxinarnos a ese neno de pe grande calzando esa botiña pequena, uffff

Nova colaboración: "Talleres AUTOBOX"

martes, 15 de outubro de 2013


"Talleres Autobox" é tamén o primeiro taller de mecánica do automóbil que tamén quere colaborar con todos os nosos socios cuns descontos que nos virán moi ben e que son moi variados. Podédelos consultar e descargar AQUÍ

Este taller está situado na rúa Monasterio de Caaveiro número 8, sen moverse do noso barrio. 

Para máis información podedes consultar a súa páxina web: http://www.auto-box.es/ ou chamar ao teléfono 981267569

Podedes consultar o resto de colaboradores AQUÍ 

Nova colaboración: "Calzados Docampo"


Calzados Docampo" é a primeira zapataría que quere ofrecerlle aos nosos socios un desconto dun 15% en todos os seus artigos de zapataría de tempada (non entrarían artigos xa rebaixados ou de liquidación).

Esta zapataría, un pequeno negocio familiar, que dende hai máis de 40 anos comercializa calzado de alta calidade na cidade da Coruña está situada na rúa Francisco Añón, número 25.


Podedes consultar o resto de colaboradores AQUÍ

Nova colaboración: "Manualidades Ventorrillo"

luns, 14 de outubro de 2013




Manualidades Ventorrillotamén se une á nosa lista de colaboradores, ofrecendo aos nosos socios un 10% de desconto na compra de material dispoñible na súa tenda. Está situada na rúa Alfredo Tella, 12, moi preto do noso colexio.

En "Manualidades
Ventorrillo" poderedes comprar todo tipo de materiais relacionados cos traballos manuais: obxectos de madeira, de resina, de escaiola e de marmolina. Tamén poderedes comprar todo o material necesario para a realización de Fofuchas (bonecos de goma eva) e material para debuxo en papel e lenzo. A parte de todo iso, a persoa encargada da tenda, Marisol, explicaravos amablemente todas as vosas dúbidas referentes ao uso do devandito material.

Para máis información podedes consultar a súa páxina web:
Podedes consultar o resto de colaboradores AQUÍ

Nova colaboración: “Bolsos Mais”

venres, 11 de outubro de 2013




Unha nova tenda únese á nosa lista de colaboradores. Trátase de Bolsos Mais”, unha tenda de bolsos e complementos situada na rúa Barcelona número 34.

"Bolsos Mais" ofrécenos un desconto dun 5% en todos os seus artigos (non acumulable con outras ofertas). Xa sabes, só tes que presentar o teu carné de socio do presente curso e poderás beneficiarte destas vantaxes.

Para máis información: http://www.bolsosmais.es/

Podedes consultar o resto de colaboradores AQUÍ

Nova colaboración: “Academia Sphera”

xoves, 10 de outubro de 2013




Academia Sphera tamén pasa a formar parte do grupo de empresas que ofrece unha serie de vantaxes a todos os socios de ANPA Agarimo.
Academia Sphera é unha academia de ensino situado no noso barrio (r/Alcalde Peñamaría de Llano, 1) que ofrece clases de apoio para nenos (e non tan nenos) para superar as súas dificultades á hora de sacar adiante os seus estudos, a través de grupos reducidos e atención personalizada adaptada a cada alumno.
Todos os socios desta ANPA que se identifiquen como tales, en Academia Sphera ofreceráselles gratis media mensualidade nos seus servizos de clases de apoio. Tampouco se pagará matrícula.
Para máis información podedes visitar a súa páxina web: http://www.academiasphera.es ou ben chamar aos teléfonos 881 105 725 ou 677 577 244 ou ben a través da súa conta de correo electrónico info@academiasphera.es
Podedes consultar o resto de colaboradores AQUÍ

Nova colaboración: "Bulebule, fiestas infantiles"

mércores, 9 de outubro de 2013




"Bulebule, fiestas infantiles" é unha empresa dedicada á organización de festas infantís situado no barrio das Conchiñas e que quere colaborar con todos os socios de ANPA Agarimo.

Todos os socios da ANPA que celebren o seu cumpleanos en Bulebule, faráselle entrega dun bono regalo de 10 horas de xogo, valorado en 25 €.
 
Para aproveitarvos desta vantaxe só tedes que presentar o carné de socio do presente curso á hora da celebración do cumpleanos e o bono será voso.

Para máis información podedes visitar a súa páxina web: http://www.bulebule.eu/ ou facervos fans da súa páxina facebook: https://www.facebook.com/bulebulecoruna

Podedes consultar o resto de colaboracións AQUÍ

Merendas con contos - Bibliotecas municipais

martes, 8 de outubro de 2013

Debuxo infantil dun tren sobre un círculo de fondo azul.
Como ven sendo habitual, a Familia Ratapón visitará tamén, este ano, as nosas bibliotecas municipais para que os mais pequenos poidan disfrutar das suas historias e vivir incribles aventuras.

Se desexas compartir estes momentos cos teus fillos podes reservar a túa invitación (ata un máximo de 3) na tua biblioteca cunha semana de antelación

Reservas de invitacións
Ás 10.00 h abriranse o prazo para poder reservar unha invitación para a seguinte sesión.
Este trámite poderase facer de dous xeitos:
  • Presencial: en calquera das bibliotecas municipais.
  • A través da páxina web: cubrindo un formulario que se abrirá á mesma hora: 10.00 h.
 Podes descargar o calendario das sesións por biblioteca AQUÍ

Menú do comedor - 1º trimestre Curso 2013-14


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o primeiro trimestre do curso 2013-14 AQUI.

Prazas libres en Actividades Extraescolares

mércores, 2 de outubro de 2013




Recordámosvos que aínda quedan prazas vacantes en actividades subvencionadas polo concello, como poden ser: Divermates e Pequeciencias, Xogos, Xadrez, Multideporte e Patinaxe.
Tamén queremos informarvos de que as actividades privadas teñen aberta a inscrición durante todo o curso. E no caso do Taller Bilingüe se ampla o grupo de idade, abranguendo todo Primaria, non só o 1º ciclo e Infantil.
Finalmente e lamentándoo moito, a actividade de Ábaco de Kids Brain queda suspendida por falta dun número de solicitudes mínima. Os pais que apuntasen aos seus fillos a esta actividade, aínda que xa foron informados individualmente, recordámoslles que poden pasar polo local da ANPA para que se lles aboe os 25 euros que pagaron previamente, en concepto de material didáctico.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: