E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Resultado do sorteo da Cesta de Nadal - Curso 2014/15

xoves, 18 de decembro de 2014


Noraboa a Belén Lamas, co número 88, foi a gañadora da Cesta de Nadal.

Resultados del sorteo:

  • Puesto1: 88
  • Puesto2: 118
  • Puesto3: 117
  • Puesto4: 45
  • Puesto5: 41
SorteoNadal2014

No caso de que non pasara a recoller a sua cesta mañá na festa que organiza a ANPA, hai unha lista de números de reserva no seguinte orde: 118, 117, 45, 41

Xa non queda nada para a Festa de Nadal!

luns, 1 de decembro de 2014


 
Ola a todos!
Un ano máis estamos cos preparativos da xa tradicional Festa do Nadal, que se celebrará o próximo 19 de decembro, de 4 a 6, e a que estades todos convidados a vir.
A partires da semana que ven, poderedes pasar polo noso local a retirar as entradas que tendrán un custo de 1 euro para os socios e 2 euros para os non socios.
Tamén como xa ven sendo habitual pedímosvos a vosa colaboración. Necesitamos pais/nais dispostos a botarnos unha man, tanto no desenvolvemento da propia festa como na preparación dalgún doce ou salgado para degustar co café ou chocolate. Se podedes colaborar, podedes pasar polo noso local, chamar por teléfono ou enviarnos un email nestas semanas previas a festa. De anteman moitas grazas a todos.
Este ano tamén se sorteará unha Cesta de Nadal dun valor aproximado de 100 euros, cuxas participacións poderedes adquirir por 1 euro, a partires de hoxe. O sorteo realizarase o día antes da festa, de forma pública, a través dunha aplicación informática de sorteos automática.
Por outra banda os nenos tamén poderán participar no sorteo dunha Cesta de Nadal Infantil con só pintar o debuxo que está na traseira desta circular e que servirá como decoración navideña do pabellón. Terán que poñer o seu nome e curso e presentalo como moi tarde o día 18 de decembro. Animadeos a participar.
MOI IMPORTANTE: Estamos a preparar unha manualidade para realizar cos nenos na festa e precisamos a vosa colaboración con algo moi sinxelo: necesitamos 200 rolos de papel hixiénico valeiros. Poñeremos unha caixa ao lado do contenedor de tapóns para que os deixedes. Moitas grazas.
Dende a Anpa queremos desexarvos a todos unhas felices festas.
ANPA Agarimo

Parabens a Hugo e a Naiara, gañadores do II Concurso de Monstros e Relatos do Samain

luns, 10 de novembro de 2014



Xa temos os gañadores do II CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN!!
Unha vez mais a orixinalidade dos traballos presentados complicounos a tarefa de escoller entre uns e outros, porque todos poderían ser os gañadores, sen dúbida.

Na categoría de MONSTROS, o gañador foi un neno de Educación Infantil chamado Hugo Blanco, con este terrible monstro, capaz de asustar ao mais valente. Nos ainda tremamos co medo.

Na categoría de RELATOS curtos a gañadora foi Naiara Galván, unha alumna de 3º curso de Primaria, que nos conta un soño, ou quizás unha aventura real na que un cabaleiro chamado Papá acaba cun mostro terrible e ponzoñento.. Titulouno "O monstro Terror e o cabaleiro Papá" e compartímolo con todos vos:
"O monstro Terror e o cabaleiro Papá"
Había un monstro que se chamaba Terror, que aparecía nos meus sonos e metíame moito medo. Era moi feo, con dentes afiados e negros, uñas longas e sucias. Os ollos eran vermellos, un deles era grande e o outro pequeno. O nariz estaba cheo de verrugas, e as orellas tiñan pelos moi longos.
Entón apareceu o cabaleiro Papá, que loitou co monstro ata que o venceu coa sua espada dourada.
Cando despertei estaba meu pai dándome un bico.
Naiara Galván Silverio

 Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar!
(Os gañadores poden pasar a recoller, a partir de mañá, os seus premios e o resto poden pasar a recoller os seus traballos no prazo duhna semana, a partir da cal tiraranse ao lixo)

O porqué do uso do galego no noso concurso de Samaín

xoves, 30 de outubro de 2014



Estes días, despois de enviar a circular acerca da segunda edición do noso concurso de Samain, recibimos esta nota que é a inquietude dunha nai, que nos imaxinamos non será a única. 

Señores Miembros ANPA:
Por favor:
Reconsiderar el hecho de que la redacción deba ser en gallego exclusivamente.
Esta medida discrimina a niños que deseen participar pero que no manejen este idioma fluidamente. Recordad que en nuestro colegio hay muchos niños que no son de origen gallego.
Busquemos fomentar la creatividad, la integración, la participación, la unión de todos, sin distinciones.
Gracias



E como entendemos que non será a única nai ou pai que pense isto, querémovolo explicar a todos:

  • O principal obxectivo que se persegue con este concurso non é outra que facer unha discriminación "positiva" do galego, co que pretendemos se equipare ao castelán. O feito, coñecido por todos, de que na nosa comunidade, a lingua que está desfavorecida é o galego, impúlsanos a crer que hai que primar e apoiar a súa presenza, para que polo menos chegue ao nivel do castelán.
  • Tamén resaltamos o último punto da circular: "O debuxo e o relato gañador sairá publicado na nosa web e no xornal do colexio, que se entrega a todos os alumnos a final de curso". Como saberedes todos, o xornal do colexio, "Lóstrego", publícase integramente en galego. O motivo ven exposto no Plan Xeral Anual 2014/15 do colexio (Punto 1. Obxectivos), que citamos a continuación: “c. 8)Potenciar o uso da lingua galega nun medio maioritariamente castelán-falante coma é o noso. Publicación revista “Lóstrego” e realización de enquisas anuais sobre o uso do idioma”
  • En ningún momento se pretendeu discriminar ningún neno. Todas as nosas circulares deben ser aprobadas pola dirección do centro antes do seu envío, porque é o centro quen coñece as circunstancias particulares dos alumnos e neste caso, o centro cre que todo alumno ten o coñecemento suficiente para desenvolver un traballo destas características (non ten que ir perfecto). De todos os xeitos estamos dispostos a botar unha man no caso de haxa algún problema co vocabulario, etc.


E por se alguén lle pode interesar, compartimos convosco o programa de radio "O coruñés opina", que se realizou o domingo pasado e no que participou o director do noso colexio, falando precisamente do tema do uso do galego. Podedes escoitala AQUÍ

(Imaxe utilizada polo concello de Santiago para unha campaña de dinamización do galego)

Música en Primaria

mércores, 29 de outubro de 2014


A materia de música, en Primaria, é impartida polo mestre que foi o encargado da Biblioteca do noso colexio, durante os últimos anos, e a onde os nosos fillos acodían periodicamente, como xa sabedes.

Debido a gran polémica que ultimamente se está formando sobre a idoneidade de este mestre, creo que non debemos estar calados.Anque de todos os xeitos, o noso labor como ANPA non entra dentro de opinións persoais, cada membro desta Xunta Directiva ten a súa propia, como nai ou pai, e a ninguén debería importarlle. Así que deixando a un lado as nosas opinións persoais cremos que dende o ANPA se fixo o correcto nestes casos, unha vez conocido o problema. E dicir, dende o primeiro momento que tivemos coñecemento deste problema puxémolo en coñecemento de dirección, dirección á súa vez púxoo en coñecemento de Inspección e creemos que coa suficiente inmediatez, Inspección se presentou no colexio para realizar unha investigación e posterior informe.

Como ANPA non podemos asinar ningún papel onde se esixa a expulsión deste docente, posto que temos que representar a totalidade dos socios, non só unha parte. Respectamos a opinión, por suposto, e transmitimos as queixas a quen deberíamos. Pero aconsellamos sempre que non se acuse a nadie sen fundamentos, xa que é algo moi grave e está penado legalmente. 

E xa para rematar, querémosvos invitar a coñecer a novedosa metodoloxía de este docente: Metodoloxía ORFF. Entendemos que para valorar unha metodoloxía  xustamente ten que ser coñecida. A liberdade de cátedra é un dereito que non debemos eliminar.

Recordade que en esta ANPA son ben recibidos todos os comentarios, opinións e incluso preocupacións individuales e colectivas. 

II CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN





Ola a todos!
Chegou o Samain! Tempo de diaños, bruxas e coruxas…e dende a ANPA AGARIMO queremosvos informar que imos organizar o II CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN.
As bases para o concurso son as que seguen:
  • Os alumnos de Infantil e de primeiro ciclo de Primaria participarán realizando un debuxo dun personaxe monstruoso inventado por eles, que terán que presentar nunha cartolina tamaño A5 e no que poderán emplear calquer tipo de material e os alumnos de segundo e terceiro ciclo de Primaria escribirán un relato curto/descripción, en galego, dun personaxe monstruoso sacado da sua imaxinación.
  • O prazo de admisión de traballos rematará o martes 4 de novembro. Cada traballo deberá presentarse co nome do alumno e o curso ao que pertence.
  • Só se presentará un traballo por alumno e o lugar de presentación será o local do ANPA.
  • O xurado estará formado por representantes do ANPA, a Dirección do Colexio e profesorado.
  • Haberá un gañador por categoría e sairá publicado na páxina web do ANPA e na porta principal do colexio o día 10 de novembro. Cada un dos gañadores recibirá un regalo "monstruoso" sorpresa.
  • O debuxo e o relato gañador sairá publicado na nosa web e no xornal do colexio, que se entrega a todos os alumnos a final de curso.
Animádevos e participar!!
ANPA AGARIMO

Colaboración “Bulebule, fiestas infantiles” - Renovación

luns, 20 de outubro de 2014




Xa hai máis dun ano que Bulebule colabora connosco ofrecendo un bono de xogo por horas de regalo, valorado en 25 euros, para todo socio que celebre alí o seu cumpleanos.
Este ano foi o primeiro en poñerse en contacto connosco e renovar a súa oferta, mantendo o seu bono de regalo do curso pasado, e mesmo a mellorar. Este ano os nosos socios tamén terán descontos en Campamentos e en Festas temáticas.
Explicámosvos a continuación que obteredes con só ensinar o voso carné de socio do curso actual:

  • En Cumpleanos, un bono de 10 horas de regalo, valorado en 25 euros
  • En Campamentos (Nadal, Semana Santa e Verán) aplicarán o prezo especial "Familias" para todos os socios, e no caso de familias (2 ou máis nenos) un desconto de 1 euro máis por neno. Tamén terán a vantaxe de que todo aquel que se apunte a unha semana de campamentos, poderá gozar dun taller dos que se realizan os sábados totalmente gratis.
  • En Festas temáticas, un desconto de 1 euro por neno. É dicir, se o prezo é de 7 € normalmente, os nosos socios pagarían 6 €.


Podedes consultar, para máis información de todo o que teñen organizado, o seu blog, picando AQUÍ e ver as vantaxes para familias con máis dun neno AQUÍ.
Tamén poderedes consultar todas as tarifas ata finais do 2015 AQUÍ.

Moitas grazas Bulebule!

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: