E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Día da Paz 2014

xoves, 30 de xaneiro de 2014


 Amor universal, Non-violencia e Paz. O amor é mellor que o egoísmo, a non-violencia é mellor que a violencia e a paz é mellor que a guerra.

O día 30 de xaneiro celebramos o día da Non-violencia e a Paz. Todo empezou fai corenta anos cando o poeta pacifista mallorquino, Llorenç Vidal, tivo a idea de organizar, coincidindo co aniversario do asasinato de Gandhi (en 1964), unhas xornadas educativas para fomentar a convivencia entre nenos e mozos.

Así é como cada 30 de xaneiro, a través das diversas actividades escolares, miles de nenos e mozos pasaron a celebrar esta data, como forma de alcanzar e conquistar ano a ano un sono: un mundo no que sexa posible a globalización da liberdade, da xustiza social e dos dereitos humanos.

Como pais, temos unha gran responsabilidade de preparar os nosos fillos para a vida, para que tomen conciencia de que ante a realidade dun mundo dominado pola destrución, o terror, a guerra, a morte, etc, temos que loitar pola conservación duns valores que non representen ameazas ao noso arredor nin aos demais. Debemos direccionar os estímulos a un compromiso social, de paz e de fraternidade. Debemos educalos con mensaxes de non-violencia, apoiada na esperanza da posibilidade dun mundo mellor. Recordemos que a non-violencia empeza na familia, na casa, e que esta é a única forma de protexer os nenos. Como dixo Luther King: Se queres a paz, prepara a paz.


Queremos compartir con todos vos a canción coa que celebrarán este ano, os nosos fillos, o día da Paz.

Grazas a ti, a ti, a ti..... (Grazas a todos!)

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: