E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Taboleiro de anuncios virtual

venres, 31 de xaneiro de 2014



A partir de hoxe dispoñedes dun taboleiro de anuncios virtual na nosa páxina web, onde podedes publicar os vosos anuncios seguindo a seguinte normativa:

  1. Soamente poderán facer uso do taboleiro de anuncios os pais e nais de alumnos/ás matriculados no noso colexio
  2. Será obrigatorio incluír no texto do anuncio as seguintes informacións: nome e apelidos, e un medio de contacto (teléfono/email...)
  3. Todos os comentarios deberán ser aprobados polo ANPA antes de ser publicados.
  4. O texto do anuncio non poderá exceder das 60 palabras.
  5. Os anuncios caducarán aos 30 días, tras os cales, se deberá volver inserir o anuncio no taboleiro.
  6. A temática dos anuncios a inserir poderá ser: intercambio/doazón de roupa/libros/outros materiais, información de interese xeral relacionada coa Educación, etc
  7. Non está permitida a publicación de anuncios publicitarios de ningún tipo
  8. Queda prohibido publicar contidos que sexan difamatorios, falsos ou obscenos, que atenten contra as persoas, organizacións, empresas, profesionais ou institucións públicas ou privadas.
  9. Para inserir un anuncio, conectarémonos a unha destas dúas páxinas: http://www.anpa-agarimo.es/p/tablon-de-anuncios.html ou http://tablon.anpa-agarimo.es, teclearemos o contrasinal "agarimo2014" e faremos dobre click na parte da cortiza virtual onde queremos publicar o anuncio. Unha vez redactado picaremos en calquera sitio da cortiza.

Esperamos que lle poidades sacar utilidade. Moitas grazas

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: