E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Transcrición literal da Acta - 20 de xaneiro de 2014

luns, 20 de xaneiro de 2014



Reunidos ás 17.15h. en primeira convocatoria, e ás 17.30 horas en segunda, da tarde do día 20 de xaneiro de 2014, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día:


1.- Presentación da nova xunta directiva. Dado que dende o pasado mes de setembro non se presentou ningunha candidatura a maiores para formala, a nova xunta directiva queda así:
  • Presidente: Berta Seijo Sánchez
  • Vicepresidente: Virtudes Castro Villar
  • Secretaria: Mª Teresa Losada Quintela
  • Tesorera: Gabriela Pérez
  • Vocales:
Diego Taboada Lesta
Ana Alho Ventureira
Olga Veiga Vázquez
Araceli Balseca Ricaurte
Cristina Otero Lago

2.- Novas actividades extraescolares. Infórmase dos horarios e prezos das novas actividades, tal como se expoñen a continuación:
  • Informática: martes de 4 a 5 (12 euros/mes - 1 hora/semana)
  • Guitarra: xoves de 4 a 5 (12 euros/mes - 1 hora/semana)
  • Manualidades: mércores de 4 a 6 (18 euros/mes - 2 horas/semana)
  • Baile galego: luns e mércores de 4 a 5 (12 euros/mes - 2 horas/semana
Todalas actividades son para nenos a partires dos 3 anos, agás Guitarra que é a partir dos 6 anos.

Os horarios de Guitarra, Informática e Baile Galego non teñen que ser os definitivos, en canto poidamos coñecer as prioridades dos pais Informática e Guitarra podería ser calquer día da semana de 4 a 5, excepto os venres e baile galego, podería ser de 5 a 6 ou de 6 a 7. A actividade suspenderase se non consigue formar un grupo mínimo de 10 nenos.

Algunha nai queixase de que non se dispoña de ningunha actividade para nenos de 8 a 9 anos en horario de 4 a 5, máxime cando esos nenos quedan a comedor e teñen que ir e volver para ir as actividades que lle corresponden por idade. Quédase en estudiar estos casos e telos en conta para a planificación das actividades do curso que ven.

3.- Festa do entroido. En canto ao desexo da maioría dos pais presentes de poder asistir, ao desfile do entroido que os mestres organizan en horario lectivo, infórmase aos pais das tres opcións que nos dá o colexio:
  • Facer o desfile no Ágora. Queda descartado porque ten aforo limitado e non sería posible facer o desfile de 600 nenos cos pais presentes nunha soa función.
  • Facer o desfile ao longo do muro do colexio, desta maneira os pais non entrarían no colexio. Non se acepta.
  • Non facer nada e seguir como ata agora.

Quedamos en facerlle a seguinte proposta á dirección: facelo no pabellón como sempre e que os pais entren facendo uso da porta exterior de éste. A entrada poderíase controlar mediante un sistema de invitacións (1 ou 2 por neno máximo) para evitar a entrada a calquer persoa allea.

Unha nai plantea a posibilidade de colaborar cos mestres na realización dos disfraces que todos os anos propoñen enviando unha circular. Poderíase quedar algunhas tardes coincidindo cos horarios de tutoría e así todos os nenos utilizarían os mesmos materiais na elaboración que ben podían ser de reciclaxe, tal como bolsas de lixo, que non supoñen demasiado gasto. Parécenos unha idea moi interesante e quedamos de plantearlla á dirección.

Con respecto a festa do entroido que organiza o anpa, adiantamos que queremos facer unha innovación tanto na celebración como no sistema de acceso. Informamos a todolos presentes que vamos a contar este Entroido como novidade, cun espectáculo de maxia, a parte do xa tradicional desfile de disfraces, ágape para os pais, etc. Cada neno ou nena terá que vir a recoller a sua entrada para a festa durante un par de semáns previas a celebración desta. As entradas terán un prezo de 1 euro para os socios, e 2,5 para os non socios. Tamén se informa que ás festas organizadas pola Anpa só poderán entrar os nenos do colexio, facendo unha excepción cos irmáns, que tamén poderán asistir.

Estase a estudiar a posibilidade de que os nenos de infantil poidan estar acompañados dun adulto na pista, sempre e cando se respeten as normas, que non sempre se cumpren.

4.- Eventos solidarios. Infórmase da celebración nas primeiras semanas de febreiro (enviaremos circular) do segundo mercadillo solidario de libros e xoguetes de segunda man, tal como se fixo o ano pasado, coa colaboración da ONG Miradas al Mundo.

Os tapóns seguiranse recollendo como ata agora pero instalaremos un contenedor para que os pais depositen alí os tapóns. Non se poderán deixar tapóns en bolsas individuais, se se deixan serán descartados e tirados ao contenedor do lixo. Non dispoñemos de tempo para ir abrindo bolsa a bolsa e ir vaciando o seu contido noutro saco. Colocaremos un cartel informativo.

5.- Banco de Uniformes/Libros de texto. Infórmase de que se pon en marcha un banco de uniformes/ libros ou outros materiais. Admitimos propostas pero nun principio proponse crear una base de datos de donantes e solicitantes e establecer un sistema sinxelo de puntos ( 1 libro/prenda → 1 punto). A Anpa non dispón de espazo para o almacenaxe polo tanto actuará como intermediario, para por en contacto ao donante e ao solicitante. Todo aquel que esté interesado deberá pasar polo noso local a cubrir uns formularios onde indicará todo o que quere doar ou solicitar.

Infórmase que debido a entrada da nova ley Wert probablemente este ano só podamos reciclar os libros de texto dos cursos 4º e 6º, pois esta nova lei nos obrigará a cambiar todolos libros de texto.

Ponse en coñecemento novamente que o colexio, dende dirección, recolle roupa e libros de texto para as familias do colexio que estén pasando apuros económicos dende fai anos. Só eles teñen acceso a ese tipo de información.

Sen máis temas a tratar, deuse por rematada a asamblea sendo as 18:30 horas.




0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: