E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horarios

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Entroido 2014

venres, 28 de febreiro de 2014



Xa case rematando o día, non queremos irnos a cama sen desexar que todos os que puidestes ir á nosa festa, poidésedes disfrutar ao máximo. Tampouco queremos irnos a cama sen darvos as grazas, a todos e cada un de vós.

Grazas a todos os nenos, porque sen eles non habería festa
 
Grazas a todos os pais que puidestes asistir.
 
Grazas a todos os que puidestes asistir e colaborar connosco, traendo algún doce ou en pista, 
botándonos unha man cos nenos
 
Grazas ao mago Marttyn, que aínda poñéndollo moi difícil, fíxoo fantasticamente ben
 
Grazas a Jardanay por ese delicioso chocolate.
 
Grazas ao papá que nos deixou esa tremenda cafeteira de novo
 
Grazas a ese outro papá, pola decoración tan orixinal que nos fixo cos seus globos na entrada do cole. (Gololandia - calle Alcalde Liaño Flores num. 12)
 
Grazas a todo o persoal docente, por permitirnos ver a nosos peques no desfile da mañá. Un paso moi importante para eles e tamén para nós, como pais.
 
Grazas a esas mamás do consello escolar que loitaron para que se dese ese paso.

En definitiva, moitas grazas a todos!!

Ímonos para a cama xa, coa conciencia tranquila de ter feito todo canto estaba nas nosas mans, e da mellor forma posible. Seguramente hai quen pense que puido estar mellor, pero tamén podía estar peor. Quedamos coas súas caras, as dos nenos, xa que é por eles, e por ninguén máis, polas que regalamos o noso tempo desinteresadamente, tempo que lle roubamos aos nosos, pois nós tamén somos nais/pais, temos fogares que atender, postos de traballo que defender... en definitiva, persoas normais sen variñas máxicas.

Aquí vos deixamos unhas pouquiñas fotos do desfile de Entroido organizado polo colexio. Nuns días tamén colgaremos as nosas:

Proceso de admisión de alumnos en Centros de Educación Infantil e Primaria (curso 2014-2015)

domingo, 23 de febreiro de 2014


 
Empeza o proceso de admisión de alumnos para o próximo curso escolar. Para os xa matriculados en anos anteriores a reserva é automática, para os novos a solicitude deberán realizala do 1 ao 20 de marzo, ambos os dous inclusive.

A publicación de prazas vacantes farase o 1 de marzo e o prazo de presentación de documentación acreditativa para os casos en que a demanda supere o número de prazas existentes será dende o 24 de marzo ao 3 de abril.
 
O 25 de abril publicaranse as listas de admitidos e non admitidos en orde de puntuación provisional e a definitiva antes do 15 de maio.
 
Para a formalización da matrícula teremos de prazo dende o 20 ao 30 de xuño, ambos os dous inclusive, no propio centro.
 
Os impresos pódense obter no centro ou ben descargalos de internet dende AQUÍ

Nova colaboración: "Instalaciones F. Freijeiro"

domingo, 16 de febreiro de 2014



Unese á nosa lista de colaboradores a primeira empresa de servicios de fontanaría: Instalaciones F. Freijeiro. Situada no noso barrio, na calle Xaime Hervada, número 23. 

Instalaciones F. Freijeiro é unha empresa seria, especializada en traballos de fontanaría, calefacción e gas, sendo o seu obxectivo principal a satisfacción dos seus clientes. Pódese pedir presupuesto sen compromiso.

Ofrécenos un desconto dun 10% na man de obra a realizar. Recordade que para beneficiarse deste desconto, só tedes que presentar o carné de socio do curso actual, debidamente cuñado.

Se queredes máis información podedes chamar ao teléfono 629 571 065 ou escribir un correo a fernandofrei71@gmail.com

Podedes consultar o resto de colaboradores AQUí

Festa do Entroido 2014

xoves, 6 de febreiro de 2014


Queridas familias:

O vindeiro venres 28 de febreiro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Entroido organizada pola ANPA.

Este ano imos ter por primeira vez un espectáculo de Maxia. Para iso contratamos ao gran mago Marttyn (http://www.magomarttyn.com), que sen dúbida nos deixará a todos coa boca aberta. Recordade que para poder asistir a este espectáculo, deberedes recoller as vosas entradas no local do ANPA, no seu horario habitual, dende este momento ata o día 27 de febreiro. As entradas terán un custo de 1 euro para os socios e de 2,5 euros para os non socios. Os adultos non pagarán entrada e todolos nenos deberán vir acompañados de polo menos un adulto. Non poderá entrar ningún neno alleo ao colexio, facendo unha excepción cos irmáns de alumnos, que sí poderán asistir.

Ao rematar a función, farase un
sorteo dun magnífico regalo sorpresa entre todos os nenos que asistan disfrazados ao espectáculo. Para iso, deberán recortar pola liña de puntos esta circular e poñer o seu nome, curso e de qué virán disfrazados, e traelo o día da festa. Dispoñerase na entrada dunha caixa para que cada neno deposite alí a súa participación.

Como sempre querémosvos recordar que
os pais non poderán entrar á pista. Só poderán estar na zona das bancadas, tal como se fixo noutras festas, alí poderán tomar un café acompañado dalgún doce do entroido. Recordade que está prohibido acceder á pista con alimentos e calzado non deportivo.

Como sempre gustaríanos que nos axudásedes achegando algún doce ou botando unha man na festa. Aproveitamos dende aquí para dar as
grazas a todos os que o fixeron este nadal. Todo o que queira e poida, que nolo comunique previamente. Moitas grazas de antemán.

Esperamos que poidades asistir e gozar deste entroido máxico.
ANPA AGARIMO


………………………………………………………………………………………………………………
Nome do alumno:________________________________________________________________
Curso:___________ Disfraz:_______________________________________________________

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: