E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Festa do Entroido 2014

xoves, 6 de febreiro de 2014


Queridas familias:

O vindeiro venres 28 de febreiro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Entroido organizada pola ANPA.

Este ano imos ter por primeira vez un espectáculo de Maxia. Para iso contratamos ao gran mago Marttyn (http://www.magomarttyn.com), que sen dúbida nos deixará a todos coa boca aberta. Recordade que para poder asistir a este espectáculo, deberedes recoller as vosas entradas no local do ANPA, no seu horario habitual, dende este momento ata o día 27 de febreiro. As entradas terán un custo de 1 euro para os socios e de 2,5 euros para os non socios. Os adultos non pagarán entrada e todolos nenos deberán vir acompañados de polo menos un adulto. Non poderá entrar ningún neno alleo ao colexio, facendo unha excepción cos irmáns de alumnos, que sí poderán asistir.

Ao rematar a función, farase un
sorteo dun magnífico regalo sorpresa entre todos os nenos que asistan disfrazados ao espectáculo. Para iso, deberán recortar pola liña de puntos esta circular e poñer o seu nome, curso e de qué virán disfrazados, e traelo o día da festa. Dispoñerase na entrada dunha caixa para que cada neno deposite alí a súa participación.

Como sempre querémosvos recordar que
os pais non poderán entrar á pista. Só poderán estar na zona das bancadas, tal como se fixo noutras festas, alí poderán tomar un café acompañado dalgún doce do entroido. Recordade que está prohibido acceder á pista con alimentos e calzado non deportivo.

Como sempre gustaríanos que nos axudásedes achegando algún doce ou botando unha man na festa. Aproveitamos dende aquí para dar as
grazas a todos os que o fixeron este nadal. Todo o que queira e poida, que nolo comunique previamente. Moitas grazas de antemán.

Esperamos que poidades asistir e gozar deste entroido máxico.
ANPA AGARIMO


………………………………………………………………………………………………………………
Nome do alumno:________________________________________________________________
Curso:___________ Disfraz:_______________________________________________________

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: