E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Menú do comedor - 3º trimestre Curso 2013-14

mércores, 26 de marzo de 2014


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o terceiro trimestre do curso 2013-14 AQUI.

Asamblea Xeral Extraordinaria

luns, 24 de marzo de 2014

Todos os pais/nais/titores de alumnos do centro (tanto socios como non socios) estades convocados á Asamblea Xeral que, con carácter extraordinario, terá lugar o día luns 31 de marzo no Salón de Actos ás 17:30 en primeira convocatoria e ás 18:00 en segunda convocatoria coa seguinte orde do día:
  • Presentación e aprobación, se procede, da proposta de asunción do comedor escolar por parte da Xunta de Galicia.
  • Rogos e preguntas.
Lembramos que aínda que informativamente a reunión está aberta a todos, únicamente os socios teñen dereito a voto. Pregamos traiades o voso carné de socio para identificarvos.

POE - Salida á Biblioteca do Ágora

venres, 21 de marzo de 2014

O pasado 17 de marzo os nosos nenos de POE achegáronse á Biblioteca da Ágora.

Nós tamén fumos e vimos o ben que o pasaron. Aquí tedes as fotos que agora compartimos con todos vos.

Convócanse as bolsas para comedores escolares para o curso 2014-15



Prazo
·        Do 22 de marzo ao 8 de abril, ambos os dous inclusive


Requisitos:
·  Familias do Concello da Coruña que teñan menores de idade ao seu cargo, escolarizados en centros públicos ou concertados do termo municipal que conten con servizo de comedor, e que estean matriculados ou teñan reserva de praza en 2º ciclo de educación infantil, ensinanzas obrigatorias (primaria e secundaria) e bacharelato e ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
·       Non superar a renda per cápita máxima de 4.200,00 € anuais.
·       Presentar no prazo establecido a solicitude e toda a documentación preceptiva.
·        Alcanzar a puntuación mínima establecida no baremo para acceder ao servizo.
·   En caso de ser beneficiario/a da bolsa o curso anterior, acharse ao corrente no cumprimento das obrigas derivadas da participación neste programa.


Lugar de presentación
·         Rexistro para Servizos Sociais do C.C. Mesoiro
·         Rexistro para Servizos Sociais do Agora
·         Rexistro Xeral do Pazo Municipal
·         Rexistro Xeral do Fórum Metropolitano

 

Documentación necesaria:
·      Impreso de solicitude xeral (201 KB)

Festa "máxica" de Entroido

martes, 11 de marzo de 2014

Queremos compartir con todos vos as fotografías da festa de entroido organizada polo ANPA o pasado 28 de febreiro no pavillón do colexio. Unha festa moi divertida onde houbo merenda, bebida, xogos, concurso e ata un mago que deixou aos pequenos e os non tan pequenos pampos. 

Agradecervos a todos a vosa asistencia e de novo, pedirvos desculpas por todos os erros que puidésemos cometer, intentaremos aprender diso para futuras festas e anos. Esperamos que o pasadades moi ben. 

Quixera hoxe facer mención especial aos nosos fillos, os fillos dos que formamos esta ANPA. Eles son aos que roubamos o noso tempo e é por eles, polos que sempre rematamos estas festas cun pequeno sabor amargo, por non os poder atender como se merecen. Son os primeiros en pagar a súa entrada, os últimos en recibir a súa merenda (se a reciben), non participan en concursos nin sorteos (aínda que eles sí o cren), os últimos das filas, os últimos en acompañar ao baño, os últimos en chegar a casa mortos de cansancio.... Vai por eles: por Gabriel, por Pili, por Marta, por Uxía, por  Margarethe, por Lara, por Carlota, por Victoria, por Alejandro, por Inés, por Mateo, por Nerea, por Laura... Grazas pola vosa paciencia infinita! 


Se alguén se vise retratado nalgunha das fotos e por algún motivo non quixese estar, pregamos fagádenolo chegar á nosa dirección de correo para eliminalas. E por suposto pedímosvos desculpas.

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: