E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Festa "máxica" de Entroido

martes, 11 de marzo de 2014

Queremos compartir con todos vos as fotografías da festa de entroido organizada polo ANPA o pasado 28 de febreiro no pavillón do colexio. Unha festa moi divertida onde houbo merenda, bebida, xogos, concurso e ata un mago que deixou aos pequenos e os non tan pequenos pampos. 

Agradecervos a todos a vosa asistencia e de novo, pedirvos desculpas por todos os erros que puidésemos cometer, intentaremos aprender diso para futuras festas e anos. Esperamos que o pasadades moi ben. 

Quixera hoxe facer mención especial aos nosos fillos, os fillos dos que formamos esta ANPA. Eles son aos que roubamos o noso tempo e é por eles, polos que sempre rematamos estas festas cun pequeno sabor amargo, por non os poder atender como se merecen. Son os primeiros en pagar a súa entrada, os últimos en recibir a súa merenda (se a reciben), non participan en concursos nin sorteos (aínda que eles sí o cren), os últimos das filas, os últimos en acompañar ao baño, os últimos en chegar a casa mortos de cansancio.... Vai por eles: por Gabriel, por Pili, por Marta, por Uxía, por  Margarethe, por Lara, por Carlota, por Victoria, por Alejandro, por Inés, por Mateo, por Nerea, por Laura... Grazas pola vosa paciencia infinita! 


Se alguén se vise retratado nalgunha das fotos e por algún motivo non quixese estar, pregamos fagádenolo chegar á nosa dirección de correo para eliminalas. E por suposto pedímosvos desculpas.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: