E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Transcrición literal da Acta - 31 de marzo de 2014

xoves, 3 de abril de 2014




Reunidos no salón de Actos de CEIP Mara Barbeito ás 18 horas en primeira convocatoria do dia 31 de marzo de 2014 iniciouse a Asemblea Xeral Extraordinaria convocada 7 dias antes coa seguinte orde do dia:

·      Aprobación, se procede, da proposta de asunción do comedor escolar por parte da Xunta de Galicia.

En vista de que os asistentes non constitúen a maioría de socios necesarios para que a votación  sexa válida, decidese agardar a segunda convocatoria -18:30- para proceder ao sufraxio.

A Directiva pon a disposición dos socios e socias copias literais da proposta  remitida pola Xunta de Galicia en data 11 de marzo para que poidan analizar os contidos. A presidenta explica os diferentes puntos, ampliando esa información coa obtida nunha reunión posterior mantida o 20 de marzo  en Santiago de Compostela , na que estaban presentes representantes da administración e doutras ANPAS. Incídese especialmente nos cambios que vai supoñer respecto do comedor actual:

·         estableceríase un límite de prazas, que quedaría fixado no número actual de usuarios.
·    os usuarios actuais conservan a praza para o curso próximo, pero para o seguinte aplicaránse os criterios de prelación que se establezan - están pendientes de cambio-.
·         quedarían excluídos os alumnos que non residan na área de influencia
·         desaparición da modalidade esporádica
·         aumenta a ratio de alumnos por coidador para os alumnos de primaria
·       redúcese o tempo efectivo de atención xa que a preparación das mesas e a menaxe non se fará con antelación
·      os prezos  supoñen que a gratuidade será para rendas -netas anuais per cápita- por debaixo dos 7000€, 1€/ para rendas entre 7000 e 8000, 2.50/día para rendas entre 7000 e 9000 e 4.50/ para rendas or enriba dos 9000€

A presidenta remarca que a cesión é voluntaria e que, de  ceder o comedor nese momento,  a titularidade sería da Xunta de Galicia de xeito permanente e irreversible. Non cambiar non implica que non se poida facer más adiante e, segundo o falado na reunión de Santiago, non afecta as subvencións actuais.

Abrése o turno de rogos e preguntas.

Unha socia expón a súa desconfianza fronte ao cambio: o seu esposo traballa como cociñeiro da Xunta e di que é posible que o catering das escolas podería centralizarse nalgún punto distante e repartirse, incidindo negativamente na calidade das comidas.

Aclárase o tema do límite de prazas a petición dun dos socios. Actualmente non hai un límite establecido e a inscrición está aberta durante o curso para usuarios fixos semanais, en dias alternos e esporádicos. A empresa decide cal e a mellor organización en funcion do número de usuarios respectando as distancias legais: actualmente o servicio está dividido en dous turnos para evitar aglomeracións e axilizar a atención.

Outros socios preguntan si a empresa de catering actual vai seguir e quén escolle a empresa adxudicataria. A presidenta responde que Jardanay seguiría solo si se presenta ao concurso e o gaña. De todos os modos, non quedou clara na reunión cómo se escolleria o catering.

Algúns socios expresan dúbidas sobre os criterios de admisión, especialmente sobre a exclusión dos alumnos de fora da area de influencia. Tamén se cuestiona que sexa o COnsello Escolar o encargado de dirimir a admisión en caso de que haxa más solicitudes que prazas. Os cambios que traerá a LOMCE, recorta a liberdade do Consello Escolar para decidir.

Chegadas as 18 horas, algúns socios teñen que ausentarse para recoller aos fillos/as das actividades e deciden emitir o seu voto.

Os socios que deciden quedar presencian a explicación que se da do tema da orde do día aos socios/as que chegan en segunda convocatoria, que segue o esquema da anterior.

Acláranse de novo dúbidas acerca dos criterios de admisión. Lense literalmente os criterios expostos no DOGA de 5 de marzo de 2007 onde aparecen expostos. A presidenta puntualiza que na reunión de Santiago se dixera que estes criterios estaban pendentes de se modificar, sen que se aclarase en qué sentido.
Péchase o turno de rogos e preguntas case sen debate. Procédese á votacion dos socios que se idientifiquen como tales con carné da ANPA ou que aparezan na lista de socios/as preparada a tal efecto.

A votación transcorre sen incidencias quedando os resultados como segue:

·         68 votos en contra da cesión do comedor á Xunta
·         0 votos a favor

Á vista destes resultados a Asamblea decide rexeitar a proposta da Xunta por unanimidade.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: