E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Campamentos Bulebule

xoves, 29 de maio de 2014


Isabel é unha mamá do noso cole e tamén é a propietaria dunha ludoteca moi coñecida do noso barrio: Bulebule.
Como xa sabedes todos os sábados e festivos organiza talleres para os máis peques moi interesantes. Por exemplo para este mes de Xuño podemos ter:
  • 7 de Xuño: Estámpate (selos reciclados)
  • 14 de Xuño: Pinchos Doce (taller de repostaría)
  • 20 de Xuño: Festa do verán
  • 21 de Xuño: Dá a nota (taller de música)
  • 28 de Xuño: Arte na túa parede (taller creativo)
Para máis información podedes consultar a súa web ou ben no teléfono 881 94 13 04

Tamén nos fai chegar unha interesante proposta para este verán: Campamentos moi preto de casa e que abranguen un horario moi amplo, dirixidos para nenos de entre 3 e 12 anos, con descontos para irmáns.

Para máis información destes campamentos de verán podes premer AQUÍ.

Algunhas alternativas para nenos neste verán

martes, 20 de maio de 2014



No devandito Campus os nenos/ás terán como actividade principal o fútbol e sesións de baloncesto, atletismo e actividades acuáticas. As actividades desenvolveranse por grupos de idade.

Haberá diferentes quendas e serán:
  • PRIMEIRA QUENDA: 30 de xuño ao 4 de xullo
  • SEGUNDA QUENDA: 7 ao 11 de xullo
  • TERCEIRA QUENDA: 14 ao 18 de xullo
  • CUARTA QUENDA: 21 ao 25 de xullo
  • QUINTA QUENDA: 28 de xullo ao 1 de agosto
  • SEXTA QUENDA: 4 ao 8 de agosto
Horario: de 9:00 h. a 14:00 h., de luns a venres.
Idades: entre os 5 e 15 anos.
Prezo por quenda: 80€ - 10% desconto (72 €) - non acumulables:
  • Por ser usuario / a de Aqa Complexos.
  • Por inscribirse inicialmente en máis dunha quenda.
  • Por acreditar ser familia numerosa.
  • Por un irmán / a na mesma quenda.
Transporte: suplemento de 15 €
Máis información: AQUÍ


TALLERES FAMILIARES en torno á exposición Historias da Historia
Organiza: Fundación Barrié
Idades: a partir de 4 anos acompañados dun adulto
Datas: fins de semanas alternos ata o 7 de setembro
Inscrición: reserva previa chamando ao 981 060 095, de martes a venres de 12.00 h. a 14.00 h. e de 18.00 h. a 21.00 h.
Máis información: AQUÍ

XIX Campus Milenium Leyma Natura 2014

luns, 19 de maio de 2014




Dende Basquet Coruña fannos chegar o tríptico, que poderedes descargar AQUÍ, do XIX Campus Milenium Leyma Natura 2014.

Se queredes que os vosos fillos se divirtan xogando ao baloncesto este verán, tedes a opción deste campamento: "Campus Milenium"

DÍAS: 23, 25, 26, 27, 28 Y 30 de Xuño e 1, 2, 3 e 4 de Xullo.
LUGAR: Cidade deportiva de Riazor.
HORARIO: 9.30 A 18.30
DIRIGIDO:A nen@s de 5 a 16 anos con ganas de divertirse.
PREZO: 130 euros (matrícula) e 55 euros (comida+merenda) (5% de desconto se completades a inscrición antes do 1 de xuño e 10% para irmáns)
FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN ONLINE: AQUÍ

MÁIS INFORMACIÓN:
BASQUET CORUÑA
r/Arquitecto Rey Pedreira, nº 3
Tlf. 981 264 022

Día das Letras Galegas 2014

venres, 16 de maio de 2014

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro, poeta-tradutor que naceu ou 19 de febreiro do 1914 no concello de Guitiriz. 

Fillo de labradores e con tres irmáns. Naceu nunha época bélica marcada polo inicio da Primeira Guerra Mundial. Persoa moi culta que chegou falar ata 13 linguas, o cal lle permitiu compaxinar escritura con tradución. 

Casou cunha vasca, "amante" das súas orixes e que sentía unha gran devoción pola nosa terra. Ambolos dous chegaron a coñecerse a través do movemento "madriñas de guerra", que protagonizaron as mulleres que escribían cartas aos combatentes para animalos e subirlles a moral. Do seu matrimonio naceron 3 fillos e só un deulle un neto a Xosé María. 

Contan os seus fillos que Xosé María era unha persoa intelixente, tímido, reflexivo, afable, valente, con "bo humor galego", defensor con decisión das súas conviccións, profundo, apaixonado e cunha gran fe relixiosa.

Podedes coñecer máis da súa vida neste documental que compartimos convosco: 

XVIII Mostra de Actividades Culturais 2014

xoves, 8 de maio de 2014





Informámosvos que o noso colexio vai participar este ano na XVIII Mostra de Actividades Culturais.
Serán os nosos nenos de Xogos Rítmicos e os de Baile Moderno quen nos represente en tal importante evento. Farano o próximo mércores 14 e o xoves 15 de maio, de 18:00 a 19:00, no Fórum Metropolitano situado no Parque Europa. A entrada será libre para todo aquel que queira asistir.
Podedes consultar todo o programa, descargándoo dende AQUÍ
Tamén vos queremos recordar as normas máis importantes deste evento e que son as que a continuación se detallan:

  • Os nenos terán que estar no Fórum co tempo suficiente para prepararse para a súa actuación. Informaraos o monitor de cada unha delas.
  • Queda totalmente prohibido o acceso ao auditórium con carriños de bebé. Tampouco se poderán deixar na entrada. A organización do evento dispoñerá dun posto informativo e é aí onde deberán deixar os seus carriños.
  • A actuación divídese por bloques de tempo, normalmente de 1 hora de duración. Queda totalmente prohibido a entrada e saída do auditórium nese período. Prégase puntualidade.
  • Os nenos estarán acompañados en todo momento do seu monitor e dun representante do anpa, que lles axudará na súa posta no escenario.
  • Os nenos débense recoller, unha vez rematado o bloque, única e exclusivamente no vestíbulo do Fórum. Non se debe taponar a zona de saída/entrada dos vestiarios nin o acceso ao auditórium, pola propia seguridade dos nenos e por unha mellor organización do evento.

Dito isto só nos queda darvos as grazas anticipadamente e espero que disfrutedes do evento e dos vosos nenos

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: