E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Campamentos Bulebule

xoves, 29 de maio de 2014


Isabel é unha mamá do noso cole e tamén é a propietaria dunha ludoteca moi coñecida do noso barrio: Bulebule.
Como xa sabedes todos os sábados e festivos organiza talleres para os máis peques moi interesantes. Por exemplo para este mes de Xuño podemos ter:
  • 7 de Xuño: Estámpate (selos reciclados)
  • 14 de Xuño: Pinchos Doce (taller de repostaría)
  • 20 de Xuño: Festa do verán
  • 21 de Xuño: Dá a nota (taller de música)
  • 28 de Xuño: Arte na túa parede (taller creativo)
Para máis información podedes consultar a súa web ou ben no teléfono 881 94 13 04

Tamén nos fai chegar unha interesante proposta para este verán: Campamentos moi preto de casa e que abranguen un horario moi amplo, dirixidos para nenos de entre 3 e 12 anos, con descontos para irmáns.

Para máis información destes campamentos de verán podes premer AQUÍ.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: