E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Día das Letras Galegas 2014

venres, 16 de maio de 2014

Este ano o Día das Letras Galegas está dedicado a Xosé María Díaz Castro, poeta-tradutor que naceu ou 19 de febreiro do 1914 no concello de Guitiriz. 

Fillo de labradores e con tres irmáns. Naceu nunha época bélica marcada polo inicio da Primeira Guerra Mundial. Persoa moi culta que chegou falar ata 13 linguas, o cal lle permitiu compaxinar escritura con tradución. 

Casou cunha vasca, "amante" das súas orixes e que sentía unha gran devoción pola nosa terra. Ambolos dous chegaron a coñecerse a través do movemento "madriñas de guerra", que protagonizaron as mulleres que escribían cartas aos combatentes para animalos e subirlles a moral. Do seu matrimonio naceron 3 fillos e só un deulle un neto a Xosé María. 

Contan os seus fillos que Xosé María era unha persoa intelixente, tímido, reflexivo, afable, valente, con "bo humor galego", defensor con decisión das súas conviccións, profundo, apaixonado e cunha gran fe relixiosa.

Podedes coñecer máis da súa vida neste documental que compartimos convosco: 

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: