E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

XVIII Mostra de Actividades Culturais 2014

xoves, 8 de maio de 2014





Informámosvos que o noso colexio vai participar este ano na XVIII Mostra de Actividades Culturais.
Serán os nosos nenos de Xogos Rítmicos e os de Baile Moderno quen nos represente en tal importante evento. Farano o próximo mércores 14 e o xoves 15 de maio, de 18:00 a 19:00, no Fórum Metropolitano situado no Parque Europa. A entrada será libre para todo aquel que queira asistir.
Podedes consultar todo o programa, descargándoo dende AQUÍ
Tamén vos queremos recordar as normas máis importantes deste evento e que son as que a continuación se detallan:

  • Os nenos terán que estar no Fórum co tempo suficiente para prepararse para a súa actuación. Informaraos o monitor de cada unha delas.
  • Queda totalmente prohibido o acceso ao auditórium con carriños de bebé. Tampouco se poderán deixar na entrada. A organización do evento dispoñerá dun posto informativo e é aí onde deberán deixar os seus carriños.
  • A actuación divídese por bloques de tempo, normalmente de 1 hora de duración. Queda totalmente prohibido a entrada e saída do auditórium nese período. Prégase puntualidade.
  • Os nenos estarán acompañados en todo momento do seu monitor e dun representante do anpa, que lles axudará na súa posta no escenario.
  • Os nenos débense recoller, unha vez rematado o bloque, única e exclusivamente no vestíbulo do Fórum. Non se debe taponar a zona de saída/entrada dos vestiarios nin o acceso ao auditórium, pola propia seguridade dos nenos e por unha mellor organización do evento.

Dito isto só nos queda darvos as grazas anticipadamente e espero que disfrutedes do evento e dos vosos nenos

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: