E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Resumo de actividades Curso 2013-14

xoves, 12 de xuño de 2014

Aquí deixámosvos as fotografías que nos fostes pasando e que fomos recompilando, das diferentes actividades. Esperamos que vos gusten.
Ximnasia Rítmica



Patinaxe:


Baile Moderno:


Judo:

Xadrez:

Pintura:

Multideporte:

Teatro:

POE:


Guitarra:






















Fin de Curso

venres, 6 de xuño de 2014


Queridas familias:

Xa se achega o final deste curso e queremos informarvos de dúas cousas. Por un lado o luns día 10, ás 18:00 horas, no salón de actos do colexio, imos proceder coa repartición da axuda concedida para os usuarios do comedor do curso 2012-13. Recordade as condicións para recibir dita axuda: 

- Ter utilizado o servizo de comedor por un período mínimo de 5 meses durante o curso 2012-13
- Non ter sido destinatario doutra axuda para o mesmo servizo
- Non ter ningún tipo de débeda con Jardanay nin coa ANPA
- O prazo máximo de entrega é o día 19 de xuño. O diñeiro que ninguén reclame investirase en melloras do servizo. 

E por outro lado queremos informarvos que o venres día 20 de xuño, de 16:30 a 18:30 terá lugar a xa tradicional festa Fin de Curso.

Recordade que para poder asistir deberedes pasar polo noso local a recoller a entrada, que terá un prezo de 1 euro para os socios e 2 euros para os non socios. Todo aquel que compre a súa entrada antes do día 19 de xuño poderá participar nos sorteos, nos que haberá unha tablet valorada en 100 euros. 

Recordade como sempre que todos os nenos deberán vir acompañados dun adulto e queda prohibida a entrada a todo neno alleo ao colexio, exceptuando irmáns de alumnos, que sí poderán entrar. 

Haberá inchables, animación, talleres con diferentes actividades e un posto "praieiro" onde os nenos poderán merendar. 

Aproveitando a festa imos organizar un mercado solidario a cargo da ONG "Miradas ao Mundo" que xa coñecedes a maioría. Todo aquel que queira doar xoguetes ou libros en bo estado pode facelo a partir de hoxe e deixalos no noso local. 

Como sempre nos gustaría que nos axudásedes a preparar esa merenda, ben achegando algo feito que poderían ser uns sándwiches, tortilla, empanada...ou ben botando unha man na festa. Todo o que queira colaborar, por favor que nolo comunique previamente para poder organizar. Moitas grazas de antemán.

Por último desexarvos a todos, grandes e pequenos,  un feliz verán. Vémonos á volta das vacacións

ANPA Agarimo

Nova colaboración: "Dulce Nube"

luns, 2 de xuño de 2014


Fai moi pouco Juani, unha mamá do noso cole, abriu unha tenda de chuches e regalos no noso barrio: Dulce Nube. Está situada xusto en fronte ao noso cole.

Podedes pasarvos por alí de luns a venres de 11:15 a 14:15 e de 16:15 a 21 horas, sábados de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 e os domingos pola tarde de 16:30 a 21:00 horas.


Hoxe púxose en contacto connosco co desexo de formar parte da nosa lista de colaboradores. Así que se es un dos nosos socios, só tes que presentar o teu carné de socio do curso actual e Juani che fará un 10% de desconto se o importe da túa compra é superior a 20 euros.


Se queres máis información podes conectarte á súa páxina, ou por teléfono ao 690 64 55 01


Moitas grazas Juani e moita sorte co teu negocio!

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: