E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Graduación 6º Primaria – Curso 2013-14

martes, 1 de xullo de 2014




O xoves 26 de xuño pola tarde, celebramos no salón de actos do colexio o acto de graduación dos nosos queridos nenos (porque eles sempre serán os nosos nenos) de sexto. O acto tivo lugar de forma moi emotiva e familiar, cos seus compañeiros, familias e persoal docente do colexio.

Foi como sempre, unha despedida agridulce...Tocaba despedirse de persoas e lugares que seguramente xa non vaian frecuentar pero que formaron parte importante da sua vida e ao mesmo tempo tocaba mirar ao futuro con entusiasmo, pola nova etapa que comezan. Houbo bágoas e tamén houbo risas.

Moitos aínda recordarán cando chegaron a este colexio, sen saber a que viñan, chorando mesmo algúns, pero pronto se decatarían que aquí aprenderían moitas cousas: compartir, escribir, ler, as cores, sumar e multiplicar, que a terra é redonda e que "por favor" en inglés se di "please", a gardar silencio cando é necesario, ser solidario...tantas e tantas cousas tan importantes na vida.

Non vos esquenzades dos vosos días aquí, non vos esquenzades dos amigos... nin dos profesores, e disfrutade con ilusión esta nova etapa que está por vir.

Desexámosvos a todos moita sorte, botarémosvos de menos! Estamos moi orgullosos de todos vos.

Dende aquí moitas grazas a todo o persoal docente que o fixo posible, un ano máis.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: