E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Resumo da Festa Fin de Curso 2013-14

martes, 15 de xullo de 2014

Como xa sabedes o pasado 20 de xuño puidemos disfrutar, grandes e pequenos, da festa de fin de curso. Como puidestes comprobar os que alí estivestes, foi unha festa cun toque hawaiano-galego. Hawaiano pola decoración e galego porque a ameaza de chuvia estivo presente durante todo o día. Pero nesta ocasión a chuvia esperou á noite e os nosos nenos puideron gozar da súa festa ao grande, onde houbo talleres variados: de globoflexia, de maquillaxe, de papaventos, contacontos, música, inchables e mesmo un mercado solidario.

Tampouco faltou nin a merenda, nin bebidas, nin a sobremesa nin o regalo final. E dende aquí queremos agradecervos a vosa colaboración, deixounos gratamente sorprendidos o nivel de participación. Entre todos é moito máis levadeiro. Moitas grazas!

Ao final da festa fíxose o sorteo da
tablet e foi unha nena chamada Mawa quen a levou. Parabéns Mawa! Esperamos que a disfrutes ao máximo. Tamén se sortearon outros premios máis pequenos, como foron altofalantes, buxainas e pompeiros. E como este ano non queríamos que ningún neno marchase sen un regalo, repartimos á saída puzles tangram para todos. Espero que vos gustasen e que lles esteades a dar o uso que merecen.

Pedimos desculpas tamén polos erros que puidésemos cometer, especialmente a esa nai que nos trouxo un centro de flores feito por ela, para sortear e esquecéusenos incluílo nos sorteos e por iso foise cun sabor amargo. Mil desculpas novamente.

Despedímonos xa, dando as grazas especialmente a:
·         Gadis por achegar caramelos, globos, altofalantes e cd ´ s
·         Panadaría Rozas por doarnos empanadas e pan
·         Gololandia por achegar o seu tempo no taller de globos.
·         Miradas al Mundo polo seu mercadillo solidario.
·         A todos os pais e nais que colaboraron connosco
·         A Totem polo seu bo traballo
·         E a todos os nosos nenos por gozar a tope da nosa festa.
(esperamos non esquencer a nadie...)
Deixámosvos aquí un resumo da festa en fotos:



Non vos esquenzades do máis importante: Disfrutar do verán! Vémonos á volta coas pilas cargadas!

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: