E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Obra Social “La Caixa” coas familias mais necesitadas do noso colexio

venres, 26 de setembro de 2014




Hoxe queremosvos facer partícipes dunha boa noticia… 

Fai uns días recibimos un correo dende CONFAPA Galicia informándonos de que estableceran un acordo coa Obra Social “La Caixa”, no que se nos incluía na asignación de lotes de material escolar a repartir entre os nenos e nenas do noso colexio cuxas familias tiveran excasos recursos económicos.

O seguinte foi formulalo a dirección do colexio que é quen ten a información necesaria para que ese reparto se fixera de maneira xusta. Non dubidaron en apoiar a iniciativa.

E foi onte cando chegaron os lotes ao noso local (7 para Infantil e 13 para Primaria). Xa foron entregados ao colexio, que é quen fará o reparto. Estamos seguros que estos lotes aliviarán algo o inicio de curso a esas familias.

Queremos dar as grazas dende aquí, a Obra Social “La Caixa” por estas iniciativas, máis urxentes se cabe, nos tempos que corren. Ogallá non fixesen falta!

Os lotes están formados por:
Lotes de infantil:

  • 2 lapis
  • 1 goma nata
  • 1 caixa de ceras Manley (caixa de 15 cores)
  • 1 caixa de cores Plastidecor (caixa de 12 cores)
  • 2 libretas raiadas
  • 1 paquete de cartolinas de cores (paquete 50,5 por cor)
  • 1 tesoiras de punta roma
  • 1 afía lapis
  • 1 pegamento de barra
  • 3 paquetes de pasta modelar cores (plastilina 15 barras de cores)
  • 1 punzón
  • 1 paquete de folios (500 follas)


Lotes de primaria

  • 3 lapis negros n.º 2
  • 2 gomas de nata
  • 2 cadernos cuadriculados tamaño cuartilla
  • 2 cadernos de dúas raias tamaño cuartilla
  • 1 caderno cuadriculado tamaño folio
  • 1 caderno de manualidades (follas múltiples)
  • 1 caderno de debuxo tamaño folio
  • 1 carpeta tamaño folio (de solapas e gomas azuis)
  • 1 bolígrafo azul
  • 1 bolígrafo vermello
  • 1 afialapis
  • 1 tesoira de punta roma
  • 1 caixa de lapis 12 cores de madeira (alpino longo)
  • 1 caixa de rotuladores finos de 12 cores (Carioca)
  • 1 barra de pegamento
  • 1 regra de 30 cm.

Nova Colaboración: "DIVERTI KIDS"

domingo, 21 de setembro de 2014


DIVERTI KIDS é un centro de ocio moi preto da nosa escola (rúa Alcalde Salorio Suárez 11) que se une a nosa lista de Colaboradores, ofrecendo a todolos nosos socios un descuento do 10% sobre o precio do menú nas celebracións de cumpleanos, con tan só presentar o carné actual de socio.

A parte de isto, DIVERTI KIDS ofrecenos unha serie de servizos moi interesantes para os pais e son:
  • Servizo de Madrugadores dende as 7:30h
  • Servizo de recollida de nenos na nosa escola
  • Cuidado de nenos por horas
  • Merendas

Para máis información podedes chamar ao teléfono 646 223 260, no propio local ou a través do correo electrónico divertikidsco@hotmail.com 

Actividades Extraescolares 2014-15

luns, 15 de setembro de 2014



Como en anos anteriores presentámosvos as actividades que propón o ANPA para este novo curso, previa aprobación no Consello Escolar. Recordade que para poder apuntarse a calquera de estas actividades será necesario ser socio do ANPA ou pagar unha matrícula única por importe de 15 euros.
(pinchar sobre cada imaxe para vela máis grande)





Programa “Listen and Speak (orientado á certificación internacional Trinity College)
            3º e 4º EP: Martes e xoves de 4 a 5
            5º e 6º EP: Martes e xoves de 5 a 6
Precio: 15 euros
Prazas limitadas (consultar información na web do concello ou  no noso local)

 
(*) Fora das nosas instalacións ofertase tamén Padel. Arena Padel encargarase dos desprazamentos
(1) en Manualidades cada 2 meses abonaranse 5 euros en concepto de material
(2) desconto por irmáns: 2 irmáns: 30 eur, 3 irmáns: 35 eur
Data de inscripción:
                POE e Natación → Días 17 e 18 de setembro, de 16:00 a 18:00, no local do ANPA
                Resto → Días 22 e 23 de setembro, de 17:00 a 19:00 h, no salón de actos

  • Nas actividades de Judo, Taekwondo, Capoeira hai que pagar unha licencia federativa que inclúe o seguro do alumno. No caso de Hockey xa vai incluido no importe. As actividades subvencionadas e POE xa inclúen seguro.
  • No resto de actividades é obligatorio o pago dun seguro anual por importe de 4 euros. O pago farase por alumno independientemente do número de actividades ao que esté apuntado.
  • A cuota das actividades privadas págase directamente ao monitor, no caso das subvencionadas, Natación e POE pagaranse no momento da inscripción. Prégase traer o importe exacto.
ANPA Agarimo

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: