Hoxe queremosvos facer partícipes dunha boa noticia…
Fai uns días recibimos un correo dende CONFAPA Galicia informándonos
de que estableceran un acordo coa Obra Social “La Caixa”, no que se nos incluía
na asignación de lotes de material escolar a repartir entre os nenos e nenas do
noso colexio cuxas familias tiveran excasos recursos económicos.
O seguinte foi formulalo a dirección do colexio que é quen ten
a información necesaria para que ese reparto se fixera de maneira xusta. Non
dubidaron en apoiar a iniciativa.
E foi onte cando chegaron os lotes ao noso local (7 para
Infantil e 13 para Primaria). Xa foron entregados ao colexio, que é quen fará o
reparto. Estamos seguros que estos lotes aliviarán algo o inicio de curso a
esas familias.
Queremos dar as grazas dende aquí, a Obra Social “La Caixa”
por estas iniciativas, máis urxentes se cabe, nos tempos que corren. Ogallá non
fixesen falta!
Os lotes están formados por:
Lotes de infantil:
- 2 lapis
- 1 goma nata
- 1 caixa de ceras Manley (caixa de 15 cores)
- 1 caixa de cores Plastidecor (caixa de 12 cores)
- 2 libretas raiadas
- 1 paquete de cartolinas de cores (paquete 50,5 por cor)
- 1 tesoiras de punta roma
- 1 afía lapis
- 1 pegamento de barra
- 3 paquetes de pasta modelar cores (plastilina 15 barras de cores)
- 1 punzón
- 1 paquete de folios (500 follas)
Lotes de primaria
- 3 lapis negros n.º 2
- 2 gomas de nata
- 2 cadernos cuadriculados tamaño cuartilla
- 2 cadernos de dúas raias tamaño cuartilla
- 1 caderno cuadriculado tamaño folio
- 1 caderno de manualidades (follas múltiples)
- 1 caderno de debuxo tamaño folio
- 1 carpeta tamaño folio (de solapas e gomas azuis)
- 1 bolígrafo azul
- 1 bolígrafo vermello
- 1 afialapis
- 1 tesoira de punta roma
- 1 caixa de lapis 12 cores de madeira (alpino longo)
- 1 caixa de rotuladores finos de 12 cores (Carioca)
- 1 barra de pegamento
- 1 regra de 30 cm.
0 comentarios:
Publicar un comentario