E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Colaboración “Bulebule, fiestas infantiles” - Renovación

luns, 20 de outubro de 2014




Xa hai máis dun ano que Bulebule colabora connosco ofrecendo un bono de xogo por horas de regalo, valorado en 25 euros, para todo socio que celebre alí o seu cumpleanos.
Este ano foi o primeiro en poñerse en contacto connosco e renovar a súa oferta, mantendo o seu bono de regalo do curso pasado, e mesmo a mellorar. Este ano os nosos socios tamén terán descontos en Campamentos e en Festas temáticas.
Explicámosvos a continuación que obteredes con só ensinar o voso carné de socio do curso actual:

  • En Cumpleanos, un bono de 10 horas de regalo, valorado en 25 euros
  • En Campamentos (Nadal, Semana Santa e Verán) aplicarán o prezo especial "Familias" para todos os socios, e no caso de familias (2 ou máis nenos) un desconto de 1 euro máis por neno. Tamén terán a vantaxe de que todo aquel que se apunte a unha semana de campamentos, poderá gozar dun taller dos que se realizan os sábados totalmente gratis.
  • En Festas temáticas, un desconto de 1 euro por neno. É dicir, se o prezo é de 7 € normalmente, os nosos socios pagarían 6 €.


Podedes consultar, para máis información de todo o que teñen organizado, o seu blog, picando AQUÍ e ver as vantaxes para familias con máis dun neno AQUÍ.
Tamén poderedes consultar todas as tarifas ata finais do 2015 AQUÍ.

Moitas grazas Bulebule!

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: