E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

II CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN

mércores, 29 de outubro de 2014





Ola a todos!
Chegou o Samain! Tempo de diaños, bruxas e coruxas…e dende a ANPA AGARIMO queremosvos informar que imos organizar o II CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN.
As bases para o concurso son as que seguen:
  • Os alumnos de Infantil e de primeiro ciclo de Primaria participarán realizando un debuxo dun personaxe monstruoso inventado por eles, que terán que presentar nunha cartolina tamaño A5 e no que poderán emplear calquer tipo de material e os alumnos de segundo e terceiro ciclo de Primaria escribirán un relato curto/descripción, en galego, dun personaxe monstruoso sacado da sua imaxinación.
  • O prazo de admisión de traballos rematará o martes 4 de novembro. Cada traballo deberá presentarse co nome do alumno e o curso ao que pertence.
  • Só se presentará un traballo por alumno e o lugar de presentación será o local do ANPA.
  • O xurado estará formado por representantes do ANPA, a Dirección do Colexio e profesorado.
  • Haberá un gañador por categoría e sairá publicado na páxina web do ANPA e na porta principal do colexio o día 10 de novembro. Cada un dos gañadores recibirá un regalo "monstruoso" sorpresa.
  • O debuxo e o relato gañador sairá publicado na nosa web e no xornal do colexio, que se entrega a todos os alumnos a final de curso.
Animádevos e participar!!
ANPA AGARIMO

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: