E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

O porqué do uso do galego no noso concurso de Samaín

xoves, 30 de outubro de 2014



Estes días, despois de enviar a circular acerca da segunda edición do noso concurso de Samain, recibimos esta nota que é a inquietude dunha nai, que nos imaxinamos non será a única. 

Señores Miembros ANPA:
Por favor:
Reconsiderar el hecho de que la redacción deba ser en gallego exclusivamente.
Esta medida discrimina a niños que deseen participar pero que no manejen este idioma fluidamente. Recordad que en nuestro colegio hay muchos niños que no son de origen gallego.
Busquemos fomentar la creatividad, la integración, la participación, la unión de todos, sin distinciones.
Gracias



E como entendemos que non será a única nai ou pai que pense isto, querémovolo explicar a todos:

  • O principal obxectivo que se persegue con este concurso non é outra que facer unha discriminación "positiva" do galego, co que pretendemos se equipare ao castelán. O feito, coñecido por todos, de que na nosa comunidade, a lingua que está desfavorecida é o galego, impúlsanos a crer que hai que primar e apoiar a súa presenza, para que polo menos chegue ao nivel do castelán.
  • Tamén resaltamos o último punto da circular: "O debuxo e o relato gañador sairá publicado na nosa web e no xornal do colexio, que se entrega a todos os alumnos a final de curso". Como saberedes todos, o xornal do colexio, "Lóstrego", publícase integramente en galego. O motivo ven exposto no Plan Xeral Anual 2014/15 do colexio (Punto 1. Obxectivos), que citamos a continuación: “c. 8)Potenciar o uso da lingua galega nun medio maioritariamente castelán-falante coma é o noso. Publicación revista “Lóstrego” e realización de enquisas anuais sobre o uso do idioma”
  • En ningún momento se pretendeu discriminar ningún neno. Todas as nosas circulares deben ser aprobadas pola dirección do centro antes do seu envío, porque é o centro quen coñece as circunstancias particulares dos alumnos e neste caso, o centro cre que todo alumno ten o coñecemento suficiente para desenvolver un traballo destas características (non ten que ir perfecto). De todos os xeitos estamos dispostos a botar unha man no caso de haxa algún problema co vocabulario, etc.


E por se alguén lle pode interesar, compartimos convosco o programa de radio "O coruñés opina", que se realizou o domingo pasado e no que participou o director do noso colexio, falando precisamente do tema do uso do galego. Podedes escoitala AQUÍ

(Imaxe utilizada polo concello de Santiago para unha campaña de dinamización do galego)

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: