E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Transcrición literal da Acta - 15 de outubro de 2014

xoves, 16 de outubro de 2014




Reunidos ás 16.30h. en primeira convocatoria, e ás 16.45 horas en segunda, da tarde do día 15 de outubro de 2014, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día: 
  1. Saúdo da Vicepresidente, agradecendo a presencia de todos os pais e nais presentes e lamentando como sempre a escasa asistencia dos pais e nais a este tipo de reunións. De 1240 pais que ten o colexio só asistiron 20.
  2. Comedor. Dase un repaso a todalas normas do comedor, recalcando tres temas importantes: horarios de saída, esporádicos e cómo proceder para darse de baixa no servizo de Comedor. En canto aos horarios de saída infórmase de que hai dous: as 15:30h. e as 16:00h. No caso de esporádicos recórdase que deben chamar a secretaría do colexio, ao noso teléfono ou directamente a Jardanay antes das 11:00 h. A primeira vez que fagan uso deste servizo cobraráselles 4 euros en concepto de seguro e os 5,55 euros que costa o menú. E en canto a darse de  baixa infórmase que debe facerse sempre antes do día 26 do mes anterior a darse de baixa. Recórdaselles aos pais que o personal do comedor só vixía o coidado dental no caso de nenos pequenos, aos maiores só lles dan a pauta a seguir. Os nenos traerán o seu propio cepillo que deberán renovar seguindo as instruccións do persoal de comedor. Da pasta dentrífica e das toalliñas húmedas encargarase a ANPA como sempre. Tamén se recorda que si un neno debe abandonar o comedor acompañado doutro adulto que non é o habitual ou irse só, deberán entregar previamente a autorización pertinente. Infórmase a todos os presentes que o que sobrou da subvención do comedor, concedida a ANPA, invertirase en comprar duas mesas mais (por importe de 700 euros cada unha) e material de xogos para Madrugadores. Por último resólvense dudas puntuais dalgúns pais.
  3. Actividades extraescolares. Ao igual que no comedor, recórdase que é necesario unha autorización asinada polo pai/nai/titor se a persoa que vén a recoller o neno non é a habitual ou se o neno pode irse só. Tamén se comenta a posibilidade de facer minitalleres de duración de un ou dous días  e incluso se fala da creación dunha horta escolar. Comunícase que os pais que non desen autorización ao uso da imaxe dos seus fillos non poderán ir as actuacións de fin de curso. Estas actuacións son de carácter non obrigatorio e non podemos controlar de ningunha forma o uso de dispositivos de gravación do resto dos asistentes. Poñerémonos en contacto con todos eles de forma individual. Faise lectura dunha serie de normas a seguir polos pais e nenos a hora de asistir as actividades e recálcanse os puntos máis importantes: só nos faremos cargo das notas que entreguen os monitores co noso logo ou firma, por outro ningún pai poderá estar presente durante a actividade e se por calquer motivo necesitase recollelo antes da hora pasaría antes polo noso local ou por conserxería; os nenos entregaranse e recolleranse na entrada de secretaría respetando os horarios, os pais nunca deberán invadir o espazo reservado para as filas, o cal deberá estar despexado tal como se realiza en horario lectivo e xa por último recordar a todolos pais que se teñen calquer problema co desenvolvemento dunha actividade ou ve algo que lle desagrada, que o comunique directamente a ANPA para buscarlle solución canto antes.
  4. Festas concursos e colaboracións solidarias. Infórmase que debido a falta de colaboración dos pais e nais decidimos anular unha das festas que se organiza ao ano. Ainda que non é seguro, se nadie se ofrece é prácticamente imposible organizar tres festas ao ano sendo 10 e mais sendo imposible a nosa presencia en todas elas, debido aos nosos traballos. Recórdase de novo a importancia da colaboración dos pais neste tipo de eventos, ben aportando ideas, ben colaborando activamente. Indícase que se volverá a facer o concurso do Samain no que se fará entrega de dous regalos, un por cada categoría, igual que o ano pasado. Tamén se organizará un Mercadillo Solidario no que evidentemente se necesita a colaboración de todos e cada un. O ano pasado, o personal da ONG rematou regalando as cousas, o que suxire unha maior implicación pola nosa parte. Dentro de este último punto, o da solidaridade, e debido a situacións bastantes dramáticas as que nos estamos enfrentando estos últimos días (nenos que veñen a escola sen comer) comentouse a posibilidade de facer un Banco de Alimentos propio, cobrar parte da entrada das festas  con un kilo de alimentos ou similar. Como é algo moi recenté non puidemos afondar mais no tema pero informaremos ao seu debido tempo.
  5. Seguro para actividades privadas. Comunícase que vamos a desviar parte dos fondos da ANPA, para asegurar todolos nenos que sexan socios tanto os que vaian a actividades privadas como os que non, evitando así o pago por parte dos pais. A póliza co que cubre dito seguro depositarase na ANPA (pero tamén se poderá descargar AQUÍ). O seguro cubrirá todo o que organicemos, tanto actividades, como festas, saídas e excursións.
  6. Temas varios. En canto ao Uniforme, que non é obrigatorio, comunícase a pouca seriedade que demostraron todas as tendas a hora de ofertarnos o uniforme: hai uniformes de todalas texturas, cores e feituras. Estamos a procura de encontrar un comercio que se comprometa a manter os cores e feituras oficiales. En canto saibamos algo, volo comunicaremos. Recordamos que hai negocios que siguen mantendo as suas ofertas exclusivas de socios e que é unha boa maneira de recuperar os cartos que invertimos na cuota de socios. En canto ao desfile de Entroido que se empezou a facer o ano pasado seguiremos insistindo que se siga realizando porque resulta moi gratificante ver aos nosos fillos despois de colaborar na elaboración dos traxes. Agradecemos a Monomola, unha empresa de eventos infantis, por poñerse en contacto con nos para a donación dun conxunto de tatamis, prácticamente novos, ao noso colexio, e que están no noso ximnasio. En canto a excursión de final de Primaria, fálase cunha nai presente na reunión de que se pretende colaborar no que poidamos en dita organización, que procuren non deixalo para última hora. Por último nombramos os nosos obxectivos anuales na procura de conseguilos: techar a pista de patinaxe e conseguir un ats para o colexio dado o número xa elevado de nenos en alerta escolar. Damos conta de que o ano pasado o obxectivo foi cambiar o mobiliario do comedor e conseguiuse cambiar as mesas por outras mais decentes.
  7. Horario da ANPA. Infórmase que o local da ANPA estará aberto todos os días lectivos de 09:00 a 09:30 e durante o transcurso das actividades. Infórmase os pais da posibilidade de comunicarse a través doutros medios: móbil, correo electrónico, páxina web e facebook. Vólvese a recalcar que ante calquer problema ou duda que atañe a comunidade educativa non duden en poñerse en contacto con nos, que eviten intentar resolvelos nos corrillos que se forman as entradas e salidas do colexio nin en grupos de whatsapp, onde se tende sempre as críticas destructivas e agrandar os problemas sin intención de mellora nin solución.
  8. Rogos e preguntas.
  • Unha nai comentanos que sería moi interesante ter un seguro para os nenos durante o horario lectivo, xa que xa fai uns anos que os colexios non teñen esa obligación (só existe un seguro de responsabilidade civil). Nos comprometemos a buscar diferentes opcións de seguros e ofertalos a todolos pais interesados.
  • Unha nai quere saber de quen é a responsabilidade da actividade de Baile que se realiza no noso centro para nenos que non son alumnos. Indícaselle que esa actividade e responsabilidade do Centro, en ningún caso da ANPA, e que foi aprobada no Consello Escolar. Recoméndaselle polo tanto que para calquer dúbida diríxase ao centro.
  • Unha nai quere saber por qué non se utiliza o patio cuberto onde se forman as filas para a realización da actividade de patinaxe os días de choiva  xa que o monitor di que sí se pode facer. Primeiro se lle indica que o monitor non é quen decide onde pode realizar as actividades debido a que hai outros factores a ter en conta, mais tendo en conta que é un monitor sustituto e que só estará ata fin de mes. Primeiro temos que ter a autorización do centro e da Confapa e despois valorar a idoneidade do patio para a realización de dita actividad. A monitora asignada a esta actividade rechazou o patio cuberto por unha razón indiscutible: a seguridade dos nenos. O patio non é liso, as plaquetas son rugosas, hai reixas de desagüe, columnas….a Confapa tamén nos esixe coñecer a priori onde se vai a realizar a actividade por temas de seguros. E xa por último, ao rematar a actividade sempre se cruzarían cos pais e nenos de outras actividades, dado que é o lugar das filas.
  • Falouse da conveniencia ou non de poñer a cinta para establecer claramente onde están os nenos nas filas e onde deben estar os pais agardando polos seus fillos. A maioría decantouse polo uso da cinta. Nos recordamos que se os pais actuaran como se fai en horario lectivo, non invadindo as filas, non faría falta pero aunque o seu uso foi simbólico non descartamos volvela a usar, facendo fincapé de que os monitores deben traer e recoller os nenos as filas, están avisados.
  • Do comedor hai queixas de que os nenos voltan a casa sen lavar os dentes, ou dicindo que non hai pasta. Recórdase que o personal do comedor só está obrigado a vixiar a limpeza bucal dos mais pequenos e pasta hai. De todas formas falaremos co personal deste asunto.
  • Houbo varias queixas dicindo que non se respetan os horarios de entrega dos nenos de comedor por parte do personal de comedor, se lles di que os nenos pequenos débense recoller a menos cuarto e que sexan puntuales ainda chegando as 4 en punto. Recordaráselles que o seu horario remata as 4 e que ainda hai un tempo de cortesía (5 ou 10 minutos) ainda que non debemos facer uso de él de forma habitual como é lóxico.
  • Preséntanse 3 nais voluntarias para axudar no que poidan. Agradecémoslle en nome de todolos socios o tempo que nos poidan adicar e animamos ao resto que o fagan tamén, ainda que sexa puntualmente.

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asemblea ás 18.30h.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: