E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Parabens a Hugo e a Naiara, gañadores do II Concurso de Monstros e Relatos do Samain

luns, 10 de novembro de 2014



Xa temos os gañadores do II CONCURSO DE MONSTROS E RELATOS DO SAMAIN!!
Unha vez mais a orixinalidade dos traballos presentados complicounos a tarefa de escoller entre uns e outros, porque todos poderían ser os gañadores, sen dúbida.

Na categoría de MONSTROS, o gañador foi un neno de Educación Infantil chamado Hugo Blanco, con este terrible monstro, capaz de asustar ao mais valente. Nos ainda tremamos co medo.

Na categoría de RELATOS curtos a gañadora foi Naiara Galván, unha alumna de 3º curso de Primaria, que nos conta un soño, ou quizás unha aventura real na que un cabaleiro chamado Papá acaba cun mostro terrible e ponzoñento.. Titulouno "O monstro Terror e o cabaleiro Papá" e compartímolo con todos vos:
"O monstro Terror e o cabaleiro Papá"
Había un monstro que se chamaba Terror, que aparecía nos meus sonos e metíame moito medo. Era moi feo, con dentes afiados e negros, uñas longas e sucias. Os ollos eran vermellos, un deles era grande e o outro pequeno. O nariz estaba cheo de verrugas, e as orellas tiñan pelos moi longos.
Entón apareceu o cabaleiro Papá, que loitou co monstro ata que o venceu coa sua espada dourada.
Cando despertei estaba meu pai dándome un bico.
Naiara Galván Silverio

 Parabéns aos gañadores e moitas grazas a todos por participar!
(Os gañadores poden pasar a recoller, a partir de mañá, os seus premios e o resto poden pasar a recoller os seus traballos no prazo duhna semana, a partir da cal tiraranse ao lixo)

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: