E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Festa de Xubilación Sr. Antonio

sábado, 12 de decembro de 2015

Como xa sabedes a maioría, o vindeiro venres día 18, o colexio celebrará unha festa “sorpresa” con motivo da xubilación do noso conserxe, o señor Antonio. Gustaríanos, como sempre, que todo aquel que queira colaborar, puidese traer algunha vianda para degustar co chocolate (biscoitos, galletas, etc). Para unha mellor organización, podedes facérnolo saber pasando polo noso local ou por teléfono.

Tamén vos informamos que os monitores de actividades están organizando unha pequena actuación que se dedicará a Antonio. Gustaríanos que todos os nenos, vaian ou non a actividades, participen si así o desexan. Os que non van a actividades poden pasar polo noso local para darlles a información que necesitan para poder facelo.

Para rematar, indicarlles que ao final da festa entregaráselles aos nosos alumnos un detalle navideño que lles endulzará estas festas. Para iso é necesario que se pasen polo ANPA para recoller un VALE con ese fin, a partir deste luns.

Grazas a todos! Felices Festas!

Merendas saudables grazas a Obra Social La Caixa

luns, 7 de decembro de 2015



Como xa vos adiantamos na reunión de principio de curso, Obra Social La Caixa quixo colaborar unha vez máis co noso colexio. A principios de curso, coa donación de lotes de material (5 para infantil e 7 para primaria) que entregamos a Dirección, para un reparto máis xusto ou para utilizalo como material da aula, tal como se fixo o ano pasado; e agora correndo cos gastos dunha semana de merendas, tal como fostes informados por Tokapp. 


A semana de merendas saudables, seguindo o plan marcado polo colexio: 
- luns: froitos secos 
- martes: lácteos 
- mércores: froita
- xoves: bocadillo 
- venres: calquera dos anteriores,
como ben sabedes, realizouse a semana do 30 de novembro ao 6 de decembro. 

Desde aquí queremos agradecer, unha vez mais, a Obra Social La Caixa en nome de toda a comunidade educativa estas iniciativas solidarias. 

Moitas grazas!

Festa QUIMIONS: RETO conseguido!

martes, 24 de novembro de 2015


O primeiro agradecer a todas as persoas e nenos que participaron con nos neste gran reto, porque ainda que xa o escoitaríades na prensa…. RETO conseguido!!

E a continuación contarvos que para celebralo, Patricia Campos García, a sua creadora, púxose en contacto con nos para invitarvos a todos a unha gran festa que terá lugar o 20 de decembro no Recinto Ferial de Expo Coruña en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas.

Ese día haberá: inchables para diferentes idades, talleres variados (Jumping Clay, Tatoos, pintacaras, pulseiras, marcapáxinas, postais, adornos navideños), cine, rincón interactivo zona WII, xogos xigantes, espectáculo musical con La Guagua,  photocall...e moitas sorpresas máis.

O acceso será exclusivo con invitación (familiar para 4 persoas) e é imprescindible que os nenos estean acompañados por algún adulto.

Así que, si estades interesados en asistir, só tedes que pasar polo local da ANPA para recoller a invitación, antes do día 4 de decembro.

Despois de todo o traballo, chegou a recompensa!

Grazas a todos!

Apoio total ao ANPA do IES Agra do Orzán

domingo, 8 de novembro de 2015


Queremos expresar que nos resulta incomprensible que tras 23 anos utilizando a piscina de forma preferente e sen custo algún para o instituto do Agra do Orzán, agora se lles prohiba a entrada aos alumnos ou se lles esixa un pago mensual.

Julio Martínez, presidente do ANPA do IES do Agra, considera que esta non é únicamente unha loita dos alumnos que están cursando estudos alí agora, si non de toda a comunidade educativa. Os nosos alumnos serán, con toda probabilidade, máis tarde ou máis cedo alumnos tamén, non cabe a menor dúbida.

Por todo iso, dende aquí mostramos o noso apoio e apoiaremos as accións que se leven a cabo, co fin de que a Xunta resolva este problema o máis axiña posible. Estamos con vos!

Si queredes máis información sobre este, que consideramos, ataque á educación pública, podedes ler a nota de prensa que o propio director do Instituto enviou a todos os medios AQUÍ.

Compartimos tamén con vos, AQUÍ, un documento no que se pretende xuntar o máximo número de firmas e ao que vos animamos que participedes, deixando a vosa en sinal de apoio.

Deixámosvos o enlace á súa páxina onde dan a coñecer a súa loita: https://www.facebook.com/LoitaPiscinaAgradoOrzan  
 

Quimions: fundas con moito agarimo

xoves, 15 de outubro de 2015


Fai uns días unha mamá do cole nos deu a coñecer un reto solidario que se estaba levando a cabo na nosa cidade e suxeriunos que o noso colexio participase nel. Moitos colexios de Coruña xa o están facendo e nós puxémonos ao choio, buscamos información e puxémolo en coñecemento do colexio.

A día de hoxe moitos xa saberedes de que estamos falando, pois saíu esta semana en prensa, pero para os que non, estamos falando de "Quimions Coruña, el Reto". E qué son os Quimions?

Son unhas fundas con debuxos de superheroes, princesas e personaxes infantís, deseñados para cubrir as bolsas dos tratamentos dos nenos ingresados na planta de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña. Realízanse de forma totalmente altruísta con tea de fieltro de diferentes cores.

O seu obxectivo é tapar o choque negativo que supón a quimioterapia para os máis pequenos. O seu reto: dotar á sala de oncoloxía pediátrica do hospital da Coruña, así como a todas as habitacións da terceira planta, a área infantil, de Quimions para todos.

A finalidade destas fundas para os soros, e os medicamentos, é intentar que o tratamento de quimioterapia e a estancia no hospital sexa o máis levadeiro e o menos traumático posible para os nenos.

Se queredes colaborar só necesitades: fieltro de varias cores, unha plantilla cun debuxo bonito, pegamento e ¡moito agarimo!

Os Quimions que imos realizar, prestade atención a isto, serán para 500 e 1000 ml e as medidas serán:
  • 30 cm de longo por 20 cm de ancho para os de 500 ml.
  • 34 cm de longo por 24 cm de ancho para os de 1000 ml.

As instrucións de como teredes que facelos podédelas descargar AQUÍ. Para calquera dúbida téndesnos no noso local e poñeremos de data tope de recolleita para levalos todos xuntos ao hospital, o día 15 de novembro. Todos a faena! Nenos e nenas incluidos!

Poderedes ver un montón de Quimions xa feitos para guiaros AQUÍ

Transcrición literal da Acta - 5 de outubro de 2015

mércores, 14 de outubro de 2015



Reunidos ás 17:45h. en primeira convocatoria, e ás 18.15 horas en segunda, da tarde do día 5 de outubro de 2015, no salón de actos do CEIP María Barbeito e Cerviño, iniciouse a Asemblea Xeral Ordinaria da Anpa Agarimo e na que se trataron os seguintes puntos da orde do día: 

  1. Saúdo da Presidente, agradecendo a presencia de todos os pais e nais presentes e lamentando como sempre a escasa asistencia.
  2. Lectura da acta anterior. Dado o pouco tempo que temos para a reunión decidiuse remitir aos asistentes a páxina web onde aparecen todas as actas.
  3. Balance de contas. Debe:
    Actividades (trofeos, medallas, diplomas, etc): 627.42
    Colaboración excursión alumnos sexto: 60 €
    Comedor (pasta dental): 12,85 €
    Concurso Samaín (premios participantes): 27.52 €
    Facturas Móbil ANPA: 280,92 €
    Festa antroido (comida, manualidades, regalos, etc): 199,88 €
    Festa nadal (comida, manualidades, regalos, cesta sorteo etc): 322,49 €
    Festa fin de curso (animación, tablet, comidas, bebidas): 1693,03 €
    Gastos bancarios (comisións, transferencias....): 73,98 €
    Gastos internos (fotocopias, correos, web, papeleria, cota federacion...): 287,09 €
    Outros (regalo Antonio): 74 €
    Seguros socios: 1538,13 €
    TOTAL: 5197.31 €
    Haber:
    Cotas socios: 296x15=4440 €
    Matrícula (no socio): 15 €
    Entradas festas: 555.5 €
    Remanente curso 2013-14:767 €
    TOTAL: 5777.50 €
    Quedando 580,19 € en conta
  4. Renovación Xunta Directiva: infórmase aos presentes a intención da maioría dos membros da xunta directiva de deixar o cargo cando se cumplen os dous anos de exercicio, animando aos presentes a ocupar os cargos vacantes
  5. Comedor. Dase un repaso a tódalas normas do comedor, recalcando tres temas importantes: horarios de saída, esporádicos e cómo proceder para darse de baixa no servizo de Comedor. En canto aos horarios de saída infórmase de que hai os seguintes: en EI de 15:00 a 15:15h. e de 15:30 a 15:45h e para primaria poden saír as 15:15h e as 16:00h. No caso de esporádicos recórdase que deben chamar a secretaría do colexio, ao noso teléfono ou directamente a Jardanay antes das 11:00 h. A primeira vez que fagan uso deste servizo cobraráselles 4 euros en concepto de seguro e os 5,55 euros que costa o menú. E en canto a darse de  baixa infórmase que debe facerse sempre antes do día 25 do mes anterior a darse de baixa. Recórdaselles aos pais que cada neno, por hixiene, traia o seu propio cepillo e a sua pasta dental diariamente e aconséllaselles que deberán renovar o cepillo cada 3 meses. Tamén se recorda que si un neno debe abandonar o comedor acompañado doutro adulto que non é o habitual ou irse só, deberán entregar previamente a autorización pertinente. Infórmase a todos os presentes que o que sobrou da subvención do comedor, concedida a ANPA, invertirase en comprar unha mesas mais (por importe de 700 euros). Recalcamos que o comedor do colexio non se pode comparar co mesmo servizo que unha gardería. Este ano houbo moitas inscricións de nenos de 3 anos, a maioría con problemas a hora de comer sós, é moi importante que os nenos que usen este servizo sexan autónomos. A ratio legal de nenos por monitor é moi elevada para atender cada neno de forma individual.
  6. Actividades extraescolares. Ao igual que no comedor, recórdase que é necesario unha autorización asinada polo pai/nai/titor se a persoa que vén a recoller o neno non é a habitual ou se o neno pode irse só. Tamén aquí houbo un aumento excesivo de nenos de 3 anos inscritos, polo que se recomenda aos pais colaboración sobre todo no caso de patinaxe. Recordamos que é importante adquirir un compromiso á hora de apuntar aos fillos nas actividades e sobre todo porque as baixas poden provocar que se eliminen actividades, afectando a outros alumnos.
  7. Seguro. Explícase aos asistentes a necesidade de contratar un seguro nas actividades que non o inclúan (Debuxo e Pintura, Teatro, Guitarra, English Club, Programación e Robótica e Padel). Este ano a ANPA vai asumir o pago do seguro (4,20 eur) destes alumnos en concreto dado que non é viable asumir o custo de todos os socios. No caso das festas contratarase un seguro aparte e irá incluido no prezo da entrada.
  8. Uniformes. Informáse das queixas recibidas nas últimas semanas respecto do desabastecemento de uniformes e chandals e problemas puntuais coas tallas. Unha nai comenta que a finais de curso había tallas suficientes pero que agora en setembro non. Comunícaselle aos presentes que se estudiarán diferentes alternativas de compra ao longo deste curso, descartando a distribución directamente desde a ANPA.
  9. Eventos solidarios. Trasladase aos socios a pouca colaboración do último curso con respecto ao anterior. Estudiarase sobre a marcha a posibilidade de seguir colaborando con todas as causas ou centrarse en algunha en concreto.
  10. Festas. Solicitamos novamente a colaboración e implicación dos pais para poder seguir organizando as festas (Nadal, Entroido e fin de curso).
  11. Colaboracións externas. Expoñense as empresas que colaboran cos socios ofrecendo algún tipo de desconto, resaltando as novas incorporacións.
  12. Rogos e preguntas.
  • Duas socias preguntan os motivos da ausencia de taekwondo no calendario das actividades. Fundamentalmente os motivos foron cuestións organizativas e relacionadas fundamentalmente coa actitude do monitor (non presenta o plan da actividade, non leva control das ausencias, queixas de pais e baixa demanda...). Tamén preguntan por qué hai monitores de actividades que presentan a sua actividade en horario escolar. Segundo a nosa información nadie está vetado para facelo sempre que elabore unha unidade didáctica, a presente no centro en tempo e forma e a dirección é quen acepta ou denega. Non é competencia da ANPA o que se faga en horario escolar.
  • Un pai pregunta si os motivos polos que queremos marchar son persoais ou obligados polos estatutos da ANPA, comentando que non é posible deixar deserto a xunta directiva. Estatutariamente ten que haber unha renovación da metade dos membros da xunta directiva cada dous anos. Os membros da xunta directiva manifestamos que nos gustaría ter un relevo, considerámolo positivo para o bo funcionamiento da ANPA.
  • Uns pais fan referencia a un comentario despectivo que fixo un dos membros da xunta a título persoal a través da páxina facebook da anpa e insiste que todavía non recibiron as desculpas oportunas. Infórmase de que ANPA pediu desculpas por ese comentario en tempo e forma co que se siguen manifestando disconformes. Informamos de que a ANPA non se fai responsable dos comentarios de ningún membro feitos no seu propio nome, só dos feitos en nombre da ANPA, a non ser que sexan moi graves ou supoñan unha ameaza.
  • Os mesmos pais apuntan que un dos motivos polos que o resto de socios non acuden as asambleas é porque non se fai unha convocatoria a tempo. Aclaramos que respetamos os plazos contemplados nos estatutos (publicada na nosa web, con 7 días de antelación) e que foi remitida aos pais via circular escrita ainda que non se remitiu por TokApp por olvido do colexio. Recordamos que a circular das actividades saiu uns días antes do comenzo das inscricións e a afluencia foi masiva.

Sen mais temas a tratar, deuse por rematada a asemblea ás 19.20h.

Nova colaboración: COMECOCOS

luns, 5 de outubro de 2015


Comecocos é unha tenda de chuches que malia non estar no noso barrio, a súa dona tamén forma parte do noso cole, xa que é a nai dun dos seus alumnos. A partir de hoxe pasa a formar parte da lista dos nosos colaboradores.

Si coincídenos pasar por alí, pola rúa Mr. Archer Milton Huntington, 13-15, todos os socios terán un desconto do 15% en compras superiores a 15 euros, con só ensinar o carnet de socio. Non só teñen chuches, tamén teñen bocadillos, bebidas, xeados, mesas para eventos, fofuchas personalizadas, tartas de pañales, etc.

Si tedes algunha dúbida podedes poñervos en contacto con Susana no teléfono 659 898 177

Grazas Susana por colaborar con todos nós!

Exención de cotas de POE para nenos con beca de comedor

xoves, 1 de outubro de 2015


Desde o Concello da Coruña comunicámoslle que dentro do programa de ocio educativo (POE) para o curso 2015-16 imos contemplar a exención de cotas para as familias que teñan recoñecida a axuda económica municipal para comedor escolar (Bolsa Comedor).
A porcentaxe de reducción de tarifa da cota do POE virá determinada polo tipo de axuda concedida na bolsa comedor. As opcións que se contemplan son duas:
  • Alumnado con bolsa de comedor total terán unha exención total da cota do POE
  • Alumnado con bolsa de comedor parcial terán que aboar o 25% da cota do POE

Todo aquel que reuna as condicións arriba indicadas debe pasar polo noso local, con algún documento que o acredite, e devolveráselle a cantidad que lle corresponda (todo ou o 75%)



Comedor - Menú do 1ºTrimestre

mércores, 30 de setembro de 2015


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o primeiro trimestre do curso 2015-16 AQUI.



Campaña de Natación Escolar 2015-16



O próximo venres, día 2 de outubro, darán comenzo as clases de Natación para os nenos de 3º e 4º de Primaria.
O bus recollerá aos nenos as 15:50 horas na porta do colexio e deixaraos aproximadamente as 17:25 horas no mesmo lugar.
Toda a información a ter en conta e que ademáis é moi importante que leades, está AQUÍ

Colaboración "Dulce Nube" e "Diverti Kids" - Renovación


Juani, de Dulce Nube, sigue un ano máis a colaborar con nos. Este ano a parte do 10% de desconto en compras superiores a 20 euros, nos fará prezos especiales nos encargos de mesas dulces para bodas, bautizos, comunións....

Xa sabedes que a sua tenda está xusto en fronte ao noso cole e está aberta de luns a venres de 11:15 a 14:15 e de 16:15 a 21 horas, sábados de 11:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 e os domingos pola tarde de 16:30 a 21:00 horas.

Para obter ese beneficio só tes que presentar o carnet de socio actual.

Se queres máis información podes conectarte á súa páxina, ou por teléfono ao 690 64 55 01

Moitas grazas Juani e a seguir así de "doce"!






E moi preto de Juani está DIVERTI KIDS, un centro de ocio (na rúa Alcalde Salorio Suárez 11) que este ano sigue a ofertarnos un desconto do 10% sobre o precio do menú nas celebracións de cumpleanos, con tan só presentar o carné actual de socio.

A parte de isto, DIVERTI KIDS ofrécenos unha serie de servizos moi interesantes para os pais e son:
  • Servizo de Madrugadores dende as 7:30h
  • Servizo de recollida de nenos na nosa escola
  • Cuidado de nenos por horas
  • Merendas

Para máis información podedes chamar ao teléfono 646 223 260, no propio local ou a través do correo electrónico divertikidsco@hotmail.com.

Nova colaboración: TOP Papelería


TOP PAPELERIA únese por primeira vez á nosa lista de colaboradores facéndonos un desconto dun 10% en todos os produtos da súa tenda (agás ofertas e promocións vixentes), sen un importe mínimo de compra, con só presentar o noso carnet de socio do curso actual 2015-16. Aproveitade esta oportunidade!!

Podedes atopar esta papelería na rúa Entrepeñas, 10, moi preto da praza das Conchiñas.

Si queredes máis información podedes chamar ao 881 888 487. Tamén atoparedes máis información dos seus produtos na súa páxina de facebook: TOP Papeleria


Grazas Adele, de TOP Papelería!!

Colaboración “Bulebule, fiestas infantiles” - Renovación (3ºano con nos)




Bulebule sigue a colaborar connosco un ano mais, ofrecendo, como xa saberedes, un bono de xogo por horas de regalo, valorado en 25 euros, para todo socio que celebre alí o seu cumpleanos.

Este ano as nosas ventaxas como socios son similares as do ano pasado. Explicámosvos a continuación que obteredes con só ensinar o voso carné de socio do curso actual:

  • En Cumpleanos, un bono de 10 horas de regalo, valorado en 25 euros
  •  Nas Bulefestas e Minicumples aplicarase un desconto do 5% para os socios da Anpa.
  • En Campamentos (Nadal, Semana Santa e Verán) aplicarán o prezo especial "Familias" para todos os socios, e no caso de familias (2 ou máis nenos) un desconto de 1 euro máis por neno. Tamén terán a vantaxe de que todo aquel que se apunte a unha semana de campamentos, poderá gozar dun taller dos que se realizan os sábados totalmente gratis.
  • En Festas temáticas, un desconto de 1 euro por neno. É dicir, se o prezo é de 7 € normalmente, os nosos socios pagarían 6 €.
Podedes consultar, para máis información os seguintes enlaces:

Nova colaboración para socios: Clínica dental “AXIA”

martes, 29 de setembro de 2015



Esther Alonso, aparte de ser nai dun alumno do noso cole, é a propietaria dunha clínica dental, Axia, situada na Avenida Finisterre número 97, baixo, e gustaríalle formar parte da nosa lista de colaboradores.

Ofrécenos a todas as familias e familiares de primeiro grado unha revisión e limpeza gratuita anual, así como descontos nos tratamentos entre o 10 e o 15%. Para beneficiarvos destas vantaxes só tedes que presentar o voso carnet de socio do presente curso 2015-16.


Si necesitades algunha aclaración, podedes poñervos en contacto con ela no teléfono 981262356.

Día 1 de outubro - Comezo das actividades extraescolares



O vindeiro xoves día 1 de outubro, darán comezo todas as actividades, excepto nas que non se formou grupo (que personalmente foron notificados).

A continuación indicámosvos as actividades que non se poden realizar a falta dun número mínimo de alumnos:

SUBVENCIONADAS:
- Fútbol (5º e 6º de EP). A falta de 11 nenos
- Xogos. A falta de 11 nenos
- Escola de Actores (POE) (Mércores de 4 a 6). A falta de 6 nenos
- ExperimentART (POE) (Venres de 4 a 6). A falta de 2 nenos

PRIVADAS:
- Creatinenos. A falta de 8 nenos
- Baile Galego. A falta de 3 nenos
- English Club (Martes e Xoves de 5 a 6). A falta de 5 nenos
- Guitarra (Xoves de 5 a 6). A falta 7 nenos.
- Programación e Robótica (Mércores de 4 a 5). A falta de 5 nenos.

Recordade que a matrícula segue aberta por si vos interesa algunha actividade en concreto. A actividade arrincaría no momento en que se alcanzase ese mínimo.

O programa municipal Listen non o xestiona a ANPA. Así que de momento, non temos ningún tipo de información sobre cando empeza, si se forman ou non os grupos etc...

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: