E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

Festa de Nadal 2014-15, a festa do Reno

martes, 13 de xaneiro de 2015


Como xa sabedes o 19 de decembro celebramos a xa tradicional Festa de Nadal con todos vos. Nela os nenos puideron disfrutar de talleres de manualidades, de taller de maquillaxe, de xogos, dunha demostración de capoeira, de concursos, etc. 

Dende aquí agradecervos a todos os que nos acompañestes e sobre todo a eses pais, incluso algunha avoa, que nos axudaron a que se puidese realizar, algún mesmo axudando os días previos e o mesmo día dende primeira hora. Sen vós non sería posible, verdade verdadeira.

Tamén queremos agradecer a:

- Jardanay: polo seu rico chocolate
- Gadis: polos seus caramelos, globos e regalos para sortear
- Eroski Center: pola súa achega económica
- Carrefour Los Rosales: pola súa doazón de 6 caixas de material promocional de marcas comerciais.

Moitas grazas a todos por facernos chegar os rolos de papel hixiénico que vos pedimos e a todos os nenos que puxeron o seu grao de area na decoración do pavillón, pintando eses simpáticos renos que decoraron as súas paredes. Moitas grazas tamén a todas esas nais cociñeiras, que cociñaron ricos doces para degustar co café.

Tamén queremos darlle o parabén a Belén Lamas, gañadora no sorteo da cesta de Nadal e a Carolina Vieito, unha nena de segundo de primaria, gañadora da cesta infantil.

Como sempre tamén queremos pedir desculpas por se cometemos algún fallo, aínda que sempre procuramos dalo todo, sempre hai algo que nos escapa...

E agora deixámosvos o resumo da festa en imaxes. No primeiro álbum teredes as fotos do photocall ao cal nin o señor Antonio puido resistirse. No segundo poderedes ver unhas cantas fotos que nos pasou hoxe unha mamá (grazas por compartilas Sandra!) e algunha máis, pero esperamos moi pronto ter máis, que poderedes ver neste mesmo álbum.



Vémonos na próxima que será.... ¿Antroido?

Mercadillo Solidario 2015

luns, 12 de xaneiro de 2015


Queridas familias:


Como xa falamos na reunión de principio de curso vamos a celebrar como en outros anos, un "Mercadillo solidario". Dende aquí agradecer anticipadamente a todos os pais e nais as vosas achegas.
Recordade que os xoguetes e libros que traiades ainda que xa non os usedes deben estar en bo estado. O  obxectivo principal do Mercadillo é recadar fondos para a ONG "Miradas al Mundo", a cal inverterá o recadado na rehabilitación da escola de Kakayo en Guinea Bissau e en becas para nenos de Primaria. Podedes ver toda a información deste proxecto na súa páxina web: http://www.miradasalmundo.org/
O Mercadillo farase o próximo mércores día 28 no patio do noso colexio, o horario será de 16:30 h. a 18:30 h e os prezos oscilarán entre os 50 cts e os 3 euros. É unha boa oportunidade para compartir cos nosos fillos e demostrar co noso exemplo cal é o verdadeiro valor da solidariedade. Animámosvos a que participedes e divulguedes entre outros pais esta actividade, o fin paga a pena.

Esperámosvos a todos!!


ANPA AGARIMO
Eduquemos dando exemplo. Chega o momento de compartir



NOTA: Os nenos que o desexen poden traer escrita unha carta cun debuxo ou foto para os nenos de Guinea Bissau. A ONG será a encargada de que cheguen ao seu destino. Animade os vosos fillos a que a escriban!

Comedor: Menú 2º Trimestre - Curso 14/15

xoves, 8 de xaneiro de 2015


Xa podedes descargar e consultar o menú do comedor para o segundo trimestre do curso 2014-15 AQUI.



AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: