E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Mercadillo Solidario 2015

luns, 12 de xaneiro de 2015


Queridas familias:


Como xa falamos na reunión de principio de curso vamos a celebrar como en outros anos, un "Mercadillo solidario". Dende aquí agradecer anticipadamente a todos os pais e nais as vosas achegas.
Recordade que os xoguetes e libros que traiades ainda que xa non os usedes deben estar en bo estado. O  obxectivo principal do Mercadillo é recadar fondos para a ONG "Miradas al Mundo", a cal inverterá o recadado na rehabilitación da escola de Kakayo en Guinea Bissau e en becas para nenos de Primaria. Podedes ver toda a información deste proxecto na súa páxina web: http://www.miradasalmundo.org/
O Mercadillo farase o próximo mércores día 28 no patio do noso colexio, o horario será de 16:30 h. a 18:30 h e os prezos oscilarán entre os 50 cts e os 3 euros. É unha boa oportunidade para compartir cos nosos fillos e demostrar co noso exemplo cal é o verdadeiro valor da solidariedade. Animámosvos a que participedes e divulguedes entre outros pais esta actividade, o fin paga a pena.

Esperámosvos a todos!!


ANPA AGARIMO
Eduquemos dando exemplo. Chega o momento de compartir



NOTA: Os nenos que o desexen poden traer escrita unha carta cun debuxo ou foto para os nenos de Guinea Bissau. A ONG será a encargada de que cheguen ao seu destino. Animade os vosos fillos a que a escriban!

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: