E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

Recollida de alimentos e Festa de Entroido

xoves, 5 de febreiro de 2015




RECOLLIDA DE ALIMENTOS E PRODUTOS DE NECESIDADE BÁSICA
Durante a semana do 9 ao 13 de febreiro organizaremos, xunto co Banco de Alimentos Rías Altas (http://www.balrial.com/), unha campaña de recollida de alimentos NON perecedeiros e produtos de necesidade básica.
Se tedes algunha dúbida con respecto ao que podedes traer, podédesvos poñer en contacto connosco, aínda que a grandes trazos dende a organización nos transmitiron que teñen excedente de arroz, pastas e produtos infantís, despois das últimas campañas, pero que están escasos en produtos tales como produtos de limpeza, cueiros para adultos, alimentos para almorzar (cacao, leite, zucre, galletas, etc) e alimentos para aliñar ese arroz e esas pastas (aceite, sal, vinagre, tomate, conservas....)
Gustaríanos que todos os que poidades, colaboredes en esta campaña cos vosos fillos, xa que é unha boa oportunidade para inculcar un valor tan importante como é a solidaridade.
Grazas a todos en nome de BALRIAL.



FESTA DO ENTROIDO
O vindeiro venres 13 de febreiro, dende as 16:30h ata as 18:30h celebrarase no noso centro a Festa do Entroido organizada pola ANPA, na que tamén recolleremos os alimentos e productos de necesidade básica do punto anterior. Realizarase tamén o sorteo dunha bicicleta, onde todo o recadado irá a beneficio da ONG “Miradas ao Mundo”. O custo das rifas é de 50 cts.
As entradas terán un custo de 1 euro para os socios e de 2 euros para os non socios. Podedes recollelas no noso local ata o día 12 de febreiro.
As normas son as mesmas de sempre: todolos nenos deberán vir acompañados de polo menos un adulto, non poderá entrar ningún neno alleo ao colexio, agás os irmáns de alumnos, os pais non poderán entrar á pista, só poderán estar na zona das bancadas degustando café, chocolate, doces e non está permitido acceder a pista con alimentos ni con zapatos de tipo non deportivo.
Durante o transcurso da festa realizarase un desfile de disfraces onde haberá un premio para o máis orixinal e elaborado. A temática vai ser a mesma que pola mañá (Estilos musicais), é dicir, os nenos poderán vir co mesmo disfrace co que foron a clase pola mañá.
Como sempre gustaríanos que nos axudásedes achegando algún doce (se é de entroido moito mellor) ou botando unha man na festa. Entre todos os colaboradores sortearemos unha “cesta de Entroido”. Todo o que queira e poida, que nolo comunique previamente. Moitas grazas de antemán.
Esperamos que poidades asistir e disfrutar todos, grandes e pequenos.

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: