E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde (outubro a maio): 16 a 17h

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde:16 a 17h(tardes de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17 h (tardes só de outubro a maio)

HORARIO

Luns, mércores e venres: 9 a 9:30h
Luns tarde: 16 a 17h (outubro a maio)

HORARIOS

Luns, Mércores e Venres de 9 a 9;30

Luns pola tarde de 16 a 17 (outubro a maio)

 

XVIII Certamen de Teatro Candilejas Don Bosco

mércores, 20 de maio de 2015

O xoves 14 de maio representouse no colexio Calvo Sotelo a obra "El caramelito sin sabor y sin color".  


E o martes 19 de maio "Se vende una mula". 




Ambalas dúas representan ao noso colexio na XVIII edición do certame de teatro escolar Candilejas Don Bosco.

O sábado 20 de xuño farase entrega dos premios por categoría, Benxamín as 17:00h e as 20:00 os de Infantil, nunha gala no colexio Calvo Sotelo. Os nosos rapaces fixérono moi ben, esperamos que poidan traer algún premio para a casa. 

Noraboa polo voso traballo e a "romperse unha perna" ;-)

XXXIV Trofeo Calasanz - Noraboa aos nosos alumnos

luns, 11 de maio de 2015


Non saímos dunha para meternos noutra. Noraboa aos nosos pequenos da categoría "Iniciación 07 (A)" e aos maiores da categoría "Benxamin B"por ese magnífico cuarto posto na clasificación do XXXIV Trofeo Calasanz.

De aquí sairán grandes futbolistas que serán a envexa de Cristiano Ronaldo, Messi, Benzema e tantos outros. Estamos seguros, porque teñen o mellor entrenador do mundo, JuanCa.


Parabéns rapaces!!

III Xogos Escolares - Campion de Xadrez: o noso alumno Mario Castro Fernández

domingo, 10 de maio de 2015

 
O pasado 24 de abril, celebrouse en María Pita o campionato de xadrez da terceira edición de Xogos Escolares, onde o noso colexio se proclamou campión grazas ao brillante xogo desenvolvido por un dos nosos alumnus, Mario Castro Fernandez, que foi o mellor dos mellores.
 
 
Parabéns Mario!!
 
 
E grazas a Celso, o noso professor de xadrez, polo seu labor realizado!

Reválida 3º Ed. Primaria

martes, 5 de maio de 2015


Para os pais de alumnos de 3º de primaria, facemos público o comunicado que nos transmite a Confapa en nome de todas as ANPAS de esta comunidade. Podedes leelo AQUÍ.

Tamén podedes descargar o documento para apoiar esta iniciativa, cubrilo cos vosos datos e entregalo no noso local, AQUÍ

Intentaremos recabar máis información e para calquer dúbida podedes pasar polo noso local.

XIX Mostra de Actividades Culturais 2015


Mañá dará comenzo a XIX Mostra de Actividades Culturais organizada pola Federación de ANPAS de Centros Públicos da nosa provincia, no Forum Metropolitano, situado no Parque Europa da nosa cidade.

Nos participaremos en dita Mostra coas seguintes actividades:
  • Mércores día 6 de 17:00 a 18:00 horas: Ximnasia Rítmica e Baile Moderno I
  • Xoves día 7 de 19:00 a 20:00 horas: Capoeira
  • Venres día 8 de 18:00 a 19:00: Baile Moderno II

Ainda que podedes consultar todo o programa, descargándoo dende AQUÍ
Tamén vos queremos recordar as normas máis importantes deste evento e que son as que a continuación se detallan:

  • Os nenos terán que estar no Fórum co tempo suficiente para prepararse para a súa actuación. Informaraos o monitor de cada unha delas.
  • Queda totalmente prohibido o acceso ao auditórium con carriños de bebé. Tampouco se poderán deixar na entrada. A organización do evento dispoñerá dun posto informativo e é aí onde deberán deixar os seus carriños.
  • A actuación divídese por bloques de tempo, normalmente de 1 hora de duración. Queda totalmente prohibido a entrada e saída do auditórium nese período. Prégase puntualidade.
  • Os nenos estarán acompañados en todo momento do seu monitor e dun representante da ANPA, que lles axudará na súa posta no escenario.
  • Os nenos débense recoller, unha vez rematado o bloque, única e exclusivamente no vestíbulo do Fórum. Non se debe taponar a zona de saída/entrada dos vestiarios nin o acceso ao auditórium, pola propia seguridade dos nenos e por unha mellor organización do evento.

Dito isto só nos queda darvos as grazas anticipadamente e espero que disfrutedes do evento e dos vosos nenos

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: