E-mail


anpa.agarimo@gmail.com

Teléfono


607 042 949

Horario

Luns a venres: de 09:00h a 09:30h Tardes: chamar antes
 

XIX Mostra de Actividades Culturais 2015

martes, 5 de maio de 2015


Mañá dará comenzo a XIX Mostra de Actividades Culturais organizada pola Federación de ANPAS de Centros Públicos da nosa provincia, no Forum Metropolitano, situado no Parque Europa da nosa cidade.

Nos participaremos en dita Mostra coas seguintes actividades:
  • Mércores día 6 de 17:00 a 18:00 horas: Ximnasia Rítmica e Baile Moderno I
  • Xoves día 7 de 19:00 a 20:00 horas: Capoeira
  • Venres día 8 de 18:00 a 19:00: Baile Moderno II

Ainda que podedes consultar todo o programa, descargándoo dende AQUÍ
Tamén vos queremos recordar as normas máis importantes deste evento e que son as que a continuación se detallan:

  • Os nenos terán que estar no Fórum co tempo suficiente para prepararse para a súa actuación. Informaraos o monitor de cada unha delas.
  • Queda totalmente prohibido o acceso ao auditórium con carriños de bebé. Tampouco se poderán deixar na entrada. A organización do evento dispoñerá dun posto informativo e é aí onde deberán deixar os seus carriños.
  • A actuación divídese por bloques de tempo, normalmente de 1 hora de duración. Queda totalmente prohibido a entrada e saída do auditórium nese período. Prégase puntualidade.
  • Os nenos estarán acompañados en todo momento do seu monitor e dun representante da ANPA, que lles axudará na súa posta no escenario.
  • Os nenos débense recoller, unha vez rematado o bloque, única e exclusivamente no vestíbulo do Fórum. Non se debe taponar a zona de saída/entrada dos vestiarios nin o acceso ao auditórium, pola propia seguridade dos nenos e por unha mellor organización do evento.

Dito isto só nos queda darvos as grazas anticipadamente e espero que disfrutedes do evento e dos vosos nenos

0 comentarios:

AVISO

Sen a pertinente autorización, a difusión, reprodución ou manipulación por persoas alleas a esta web das imaxes dos nenos que aparecen en ANPA Agarimo dará lugar ao exercicio das accións que nos asistan en Dereito.

Zona privada

Número de visitas: